Videoxogos e educación

 

Os xogos e a educación sempre foron polos opostos, os primeiros sempre foron vistos con moi malos ollos por país e educadores de todo o mundo. Mentras que para os alumnos se presentaban como a antítesis da escola, algo emocionante e divertido co que combatir o aburrimento.

Temos que situarnos no auxe dos videoxogos alá polos anos 80 e principios dos 90, cando empezan a lanzarse os videoxogos de uso persoal, xa que antes o seu uso quedaba tan só destinado a máquinas recreativas. Por aquel  entonces era algo novo e descoñecido, polo que a xente os vía con desconfianza.

Ao comezo os videoxogos eran máis inocentes, un conxunto de píxeles que se moven pola pantalla. Pero conforme se foron facendo máis complexos comezaron a xurdir neles o tema da violencia. Ata entonces só preocupaba deles os efectos que poideran ter na socialización dos nenos, o feito de crear aislamento e facelos máis antisociais. Sen embargo cos novos temas de violencia xurdiron novas preocupacións.

En España un dos casos máis famosos e que máis polémica suscitou foi o chamado “asesino da katana”. Durante o ano 2000 un adolescente asesinou a toda a súa familia cunha espada. O que fora sin duda un crime horrible pronto acadou unha fama inmensa debido á actuación dos medios de comunicación. Dende estos medios pronto se encargaron de relacionar este crime coa afición do asesino polos videoxogos, o que desatou un movemento en contra destes. Do mesmo xeito recórdase o movemento que houbo en contra do xogo GTA pola súa violencia explícita, e de como os pais  se aconsellaban entre eles non comprar videoxogos aos seus fillos porque os iba a volver violentos.

Como podemos ver , ahora mesmo hai millóns de xogadores de videoxogos no mundo, e non son todos asesinos nin criminais violentos, como se sostiña dende algún medios fai anos.

O caso é que os videoxogos conseguen algo que a educación envidia e que leva buscando moito tempo, que os nenos manteñan a concentración en algo durante horas e que os atraia. Se é algo que a educación leva buscando moito tempo, por que loitar contra iso? Por que non aproveitarse del?

Os videoxogos de por si teñen unha relación moi forte coa educación. A maioría deles, como menciona Fabián Maero(2014),  soen usar principios conductistas propostos por Skinner, propoñendo reforzos positivos. Por exemplo pasarte un nivel dun xogo para acceder a unha zona nova, conseguir puntos, novos obxetos,etc… E moitos mesmo por supoñer un reto para o xogador, pasalo polo feito de demostrar que podes.

En relación a aplicación educativa dos mesmos,Tomás Ortiz Alonso(s.d.) nomea unha serie de vantaxes:

- Serven para captar a atención para o aprendizaxe dos nenos, e teñen aplicación moi interesantes no referido as competencias matemáticas.

-Serven para a mellora da intelixencia e da lóxica, xa que moitos plantexan puzles que requiren dunha gran reflexión por parte do xogador.

 -Melloran o autocontrol e  corrixen conductas impulsivas.

-Os videoxogos tamén melloran a coordinación, tanto a visual como a motora fina, e potencian o pensamento rápido e a memoria.

-Fomentan a creatividade.

-Aumentan a sensibilidade aos estímulos.

Se nos paramos a ver todos os aspectos positivos que conlevan os videoxogos podemos deducir que se tratan do complemento perfecto para a educación. Por suposto poden ter aspectos negativos, dependendo do tema que se escolla poden transmitir valores que non son os desexados, pero isto tamén é algo que ocorre con internet ou coa televisión. Polo tanto requiren dunha supervisión adecuada por parte dos país. Tamén se sostén que poden crear adicción dentro dos seus usuarios, pero iso é algo que se pode prever cun uso controlado e responsable.

Deste xeito, e vendo todas as ventaxas que ofrecen os videoxogos, cabe preguntarnos se vamos a seguir demonizandoos e repundiandoos do sistema educativo ,ou vamos a sacar partido deles.

 

 

fuentes:

Órtiz Alonso, T. (s.d.) “Videojuegos: aspectos positivos para niños y adolescentes”  Desarrollo infantil, consultado el 11 de julio de 2015 en http://www.desarrolloinfantil.net/desarrollo-psicologico/videojuegos-aspectos-positivos-para-ninos-y-adolescentes

 

Maero, F.(2014) “Angry Birds y Skinner: conductismo en la vida cotidiana” Psyciencia, consultado el 11 de julio de 2015 en http://www.psyciencia.com/2014/03/17/angry-birds-y-skinner-conductismo-en-la-vida-cotidiana/

Comentarios

  • Silvia

    Na miña opinión o uso do videoxogo ten as mesmas connotacións positivas que o do xogo tradicional. Esta claro que en esta afirmación non entran aqueles usuarios que empregan só os videoxogos e non o xogo no ambiente natural, ou aqueles que xogan a videoxogos que trasmiten valores inadecuados para a idade do usuario.

    Aquí é onde reside a necesidade de que a educación transmita as familias os coñecementos necesarios sobre como organizar o ocio cos seus fillos é seleccionar tamén os videoxogos idóneos para cada idade.

    Por outra banda, os nenos debemoslle inculcar, desde a familia e escola, cal é a mellor maneira de empregar a rede para que isto nos proporcione o máximo proveito das TIC.

    Pareceme unha entrada moi interesante ! Un saúdo =)

  • david reboredo gutiérrez

    Considero que tanto os xogos e videoxogos poden ser empregados como ferramentas interesantes na educación. Como comentei nunha entrada na que se falaba do termo gamificación, que consiste na aplicación educativa dos xogos, penso que dita forma de entretemento pode favorecer a concentración dos alumnos durante o desenvolvemento dunha clase. Pódense presentar como unha alternativa ás clases expositivas nas que se recibe tanta cantidade de información que é imposible recordala toda, polo que a través dos xogos dita información pode ser procesada de mellor forma ao estar os alumnos máis motivados e interesados no contido que se lles presenta. 

  • sandra picos sanisidro

    Muy buen entrada Ivan :)

    estoy totalmente de acuerdo con vosotros, las videojuegos pueden ser un gran aliado de la educación si se hace un buen uso de los mismos.

  • Ivan Calviño Gomez

    Eu tamén creo que os alumnos procesan moito mellor a información se lles é presentada dunha maneira máis atractiva, e os videoxogos poderían cumplir esa función. A veces é mellor intentar enfocar a educación en base aos intereses dos alumnos en lugar de cambiar esos intereses á forza.

    En canto ao que di Silvia sobre as familias tamén opino o mesmo, ás veces deixan aos seus fillos sen supervisión e estes reciben influencias que non deberían. Non digo que teñan que estar sempre pendentes deles, xa que eso tampouco é bo, pero teñen que entender que a educación tamén é responsabilidade deles e non só dos profesores.

    Moitas grazas por deixar a vosa opinión.