Opinión sobre o conflicto en Siria

A visita e charla que nos deu onte Nusa dá conta da difícil situación que se vive na actualidade en Siria. É moi duro que destrúan todo o que un ten construído como sucedeu alí coa educación e toda a rede de escolas que conforman o seu sistema educativo. Tamén falou da cantidade de familias refuxiadas que viven nas escolas, moitas delas en situación de pobreza. Pero, ¿Por qué non se toman as medidas necesarias para rematar con dita situación? Estamos vendo que este conflito supón unha ameaza seria dos dereitos  e liberdades das persoas, sen que exista unha mediación por parte de países con poder para rematar con dito conflito. Penso que non ten interese para eles rematar co conflito debido a que dito país non responde a unha serie de expectativas sobre as que establecer relacións económicas, polo que o que sucede alí queda á marxe da súa influencia.

Formulounos a pregunta de ¿Que é ser profesor nunha Guerra? A resposta que dou a dita pregunta é que ser profesor nunha Guerra é un sentimento de frustración por non poder levar a cabo as actividades e programas destinados aos rapaces porque os bombardeos arrasaron coa escola e os materiais didácticos. É verte impotente ante todo o que sucede no país, sen poder facer nada por solucionar dito conflito que impide a aprendizaxe en condicións óptimas de aprendizaxe. 

A exposición serviume positivamente para darme conta de que a pesar das dificultades e trabas que haxa para educar, a creatividade e motivación dos nenos por aprender non diminúe, aspecto que leva a moitos docentes voluntarios a impartir contidos aos alumnos, incluso en escolas que, por mor dos bombardeos, quedaron ao descuberto. Penso que ditas iniciativas deberían ser tomadas en consideración polas autoridades, dándose de conta que os nenos e nenas son vítimas de feitos dos que non teñen culpa.

image

Fonte:

http://es.globalvoicesonline.org/2013/01/04/en-mitad-del-conflicto-sirio-la-lucha-de-un-profesor-de-homs/