Carta a tecnoloxía II

No transcurso da materia de tecnoloxía educativa percateime que aínda sabía menos do que pensaba sobre as novas tecnoloxías. Na miña anterior carta falaba da mala relación que tiña coa nova tecnoloxía, a miña mala relación débese a miña falta de coñecemento do seu funcionamento e sobre todo a frustación que me produca moitas veces non saber como desenvolverme coas novas tecnoloxías, cando rapaces e rapazas máis novas ca min si que o dan feito.

Grazas a esta materia ambacei un pouco máis neste senso, xa que, por exemplo, nunca oíra falar do termo creative commons, termo que me pareceu moi interesante xa que poder compartir coñecemento de maneira gratuíta a través desta licenza.

A curación de contidos era algo que tampouco coñecía, que nin sequera era capaz de definir e que hoxe en día xa domino algo máis, xa que nas clases interactivas coñecin diversos medios como por exemplo scoop.it, que era a primeira vez que oía falar del e que me pareciu moi interesante e moi eficaz á hora de facer unha ciuración de contidos. Parece moi interesante que nos ensinen a facer unha curación de contidos, para poder filtrar toda a información que nos chega hoxe en día.

Outo termo que me pareceu moi interesante e que non coñecía foi o de trasnmedia, compartir información a través múltiples medios e plataformas, facendo así accesible a información a todo o mundo dende diversos plataformas e no mesmo momento, como ocorre coas series telivisivas que a vez que se emiten son comentadas no twitter.

A día de hoxe xa avancei algo máis no campo da tecnoloxía educativa e espero seguir facendoo no que queda de curso, xa que o dominio das novas tecnoloxías é fundamental nesta sociedade da información.