"Galipediando" en Competencia Dixital

        Despois de adicar un ratiño desta tarde de domingo a engadir algo máis de información ao concepto de Competencia Dixital na Galipedia fago unha pequena reflexión sobre o que promoveu en min o feito de participar nela.

        Dínme conta de que con pouco esforzo pero por medio da colaboración entre varias persoas que introducimos algunha información na páxina "Competencia Dixital" da Galipedia, outras persoas xa poden ter acceso a unha noción mínima do que se define con este termo, de onde provén, como "promocionou" no contexto internacional, como se forxou a prescribción destas competencias no curricula do sistema educativo español e galego e como se contempla e desglosa nestes na actualidade.  Con esta intervención íamos pensando en tódalas veces que wikipedia nos ten solventado dúbidas concretas de forma inmediata, aínda cando éramos conscientes de que non sempre é a mellor forma de documentarse .

         Ao mesmo tempo, maís alá do positivo que me parece ter "saltado"  a barreira de pasar de consultar a Wikipedia para participar nela, ou máis concretamente na Galipedia, dinme conta de que tan só con esta breve participación desenvolvín un certo sentimento de responsabilidade respecto á páxina na que participamos que se traduce na necesidade de seguir contribuíndo nela e de asegurarnos de que a información que brindamos sexa o máis completa e rigurosa posíbel. Aínda que non temos nestes momentos o tempo que desexaríamos para mellorar a páxina todo o que nos gustaría ou para engadir nela toda a información que aínda nos parece que falta, hoxe engadimos algo de información, pero, en calqueira caso, o que realmnete me sorprendeu foi darme conta do feito mesmo de que non estou satisfeita coa cantidade de información coa que se completou hasta o momento e que me sinto en parte responsable de que esa información sexa aínda mellorada e completada moito máis.

        Concluíndo, o feito de coñecer algo máis a fondo como funcionan Wikipedia e Galipedia e tamén algo máis acerca de Richard Stallman e a súa labor co Proxecto GNU a favor do sofware libre sobre o que hoxe estivemos curioseando, aínda que xa tiñamos certas nocións (entre elas algunha errónea) motivou en min:  por un lado, un sentimento de agradecemento por todalas persoas que contríbúen nelas tendo en conta a cantidade de veces que nos mesmas as temos consultado e, por outro lado, un certo sentido de responsabilidade e de obligación de contribuir nela unha vez que xa temos certa idea de como se fai.

Comentarios

  • Andrea Dopazo Iglesias

    Hola, Tamara. La verdad es que cuando comencé a crear la entrada con mis compañeras yo también sentí ese sentimiento de responsabilidad ya que estás creando un contenido que las personas que lo lean lo van a dar como verídico, aunque todos sabemos que la información no siempre es del todo fiable. Sentí la necesidad de crear un buen contenido, como hacen los demás para que yo pueda consultar mis dudas y pueda dar por buena la información que leo. 

    Y me pasó exactamente lo mismo que a ti, y creo que a todo el mundo, de tener varias concepciones erróneas de la Wiki, que a pesar de ser una página que usamos, más o menos, frecuentemente, realmente no sabíamos demasiadas cosas sobre ella.

    Un saludiño :)

  • Cristina Martínez Álvarez

    Boas compañeiras!! comparto a vosa opinión con respecto a Wikipedia e Galipedia xa que esta experiencia serviume para coñecer o funcionamento deste recurso que aínda que acostumo a usalo realmente non sabía como manexarme. Coñecía que era un recurso mediante o que se traballa de xeito colaborativo con outras persoas pero non sabía como empregalo; dalgunha maneira, como dicides vós eu tamén me sentin responsable xa que estamos creando unha páxina á cal van acceder outras persoas e a información que plasmamos debe estar contrastada e ser o máis veraz posible. Aínda que todos podemos ter erros,  no caso do meu grupo de traballo penso que tratamos de realizar un concepto o máis completo posible, de xeito que poida servir de axuda as persoas que precisen consultalo.

    Como experiencia, penso que foi moi positiva xa que coñecín un novo recurso mediante o cal traballar e amosar coñecementos.