Cando o tecnolóxico se converte nunha obsesión

http://tecnologia.elpais.com/tecnologia/2015/05/01/actualidad/1430498554_319713.html

Lendo o artigo do xornal El País ao que corresponde o anterior enlace,sobran as palabras.

A medida que o ía lendo,este ía provocando en min sentimentos de incredulidade, preocupación e sorpresa polos extremos aos que estamos a chegar coa obsesión de empregar as novas tecnoloxías para todo, e a necesidade de facer ver a estes pais e á sociedade en xeral, que non todo se mellora cun dispositivo tecnolóxico polo mero feito de selo. A pregunta que ía xurdindo en min era: ata onde imos chegar?

As novas tecnoloxías son útiles, pero se as empregamos correctamente. Un exceso delas, como tódolos extremos, resulta negativo e perigoso. Debemos aproveitar as comodidades que nos ofrecen, si, pero non deixar que nos convertan en inútiles, incompetentes e dependentes delas para todo.  

Ante a necesidade de controlalo todo, os pais primeirizos, e penso que se podería extender a sociedade en xeral, empregan, de xeito excesivo, dispositivos que monitorizan os movementos dos seus bebés. Deste xeito, reciben nos seus smartphones, en todo momento, datos da temperatura, fluídos, sons, movementos, calidade do sono... dos seus fillos. Chamáronme á atención tódalas iniciativas que no artigo se trataban pero sobre todo a que falaba de que un parella empregaba un software para determinar quén levaba a voz cantante nas crisis de parella, o cal contaba as palabras e medía os decibelios. 

Ata onde imos chegar?, son realmente necesarios e útiles esta cantidade de datos ou estamos tan acostumados a vivir permanente infoxicados que xa non sabemos discernir entre os datos que necesitamos e os que non nos aportan nada?  Persoalmente, tal e como expoñen varios pediatras no artigo, penso que este bombardeo constante de datos inútiles e moitas veces perigosos, responden á necesidade dos pais de manter un control constante sobre os seus fillos e á costume de compartir e comparar datos sobre as propias vidas constantemente para “medirse” cos demais e intentar sempre parecernos a eles ou melloralos, co fin de autoafirmarnos e sentirnos seguros coas nosas vidas.  

Como expoñían os profesionais, ademais de seren datos inútiles, son perigosos. Os pais obsesiónanse cos monitores, déixanse substituír polos dispositivos en canto á atención aos seus fillos, aumentan a ansiedade, retardan o coñecemento sobre os propios fillos, pois a única información que reciben das criaturas é a través do feedback dun dispositivo en lugar de ser a través da propia interacción...

Ademais, teñen acceso a todo tipo de datos sobre a saúde e vida dos seus fillos, pero, teñen a formación necesaria para analizalos correctamente? A resposta é que non sempre, e isto unido á inseguridade e necesidade de control sobre os fillos e fillas da lugar a auto - diagnósticos e conclusións erróneas moi perigosas.

Polo tanto, debemos deixar que as novas tecnoloxías nos aporten facilidades e comodidades nas nosas vidas, pero mantendo sempre nós o control sobre elas e non ao revés. Unha obsesión e dependencia polas novas tecnoloxías provocaría que non nos soubésemos   desenvolver por nós mesmos, o cal sería enormemente perigoso.

Que triste sería que non soubésemos coidar dos nosos fillos e fillas por nos mesmos se non posuímos unha máquina que o faga por nos, que non coñeceramos aos nosos fillos mais que polos datos que nos achega un dispositivo electrónico, que fósemos, en lugar dos responsables do coidado e atención dos nosos fillos uns meros intermediarios que accionan unha máquina que o fai por nós.

    Penso que para evitar esta situación, ten moita importancia que comecemos a traballar dende idades temperás, dende os primeiros contactos que as crianzas teñen coas novas tecnoloxías, a competencia dixital. Ensinarlle cómo manexar e empregar correctamente as novas tecnoloxías, para adquirir beneficios e aproveitar oportunidades, pero mantendo sempre o control sobre as mesmas. É dicir, usalas criticamente, sabendo discernir en qué situación podemos aproveitar os beneficios e oportunidades que nos proporcionan, entendendo que non todo é óptimo por ser tecnoloxía nin que todo é necesario polo mero feito de ser tecnolóxico, que non precisamos da tecnoloxía en absolutamente tódolos ámbitos para optimizar a nosa vida, que non precisamos depender da tecnoloxía absolutamente para todo.  

Case dende que nacen os cativos sumérxense no uso das novas tecnoloxías, porque están rodeados delas ( tal é como di o artigo, moitas veces cando teñen só seis meses de idade a súa vida nas redes sociais e maior que a súa idade analóxica), pero aprenden por experimentación, observando o exemplo que lles dan as persoas da súa contorna. Aprenden a manexar os aparellos técnicamente, pero, alguén lles ensina en qué momentos e para qué finalidades empregalas, qué compartir e qué non na rede, qué ferramentas lles aportan algún beneficio ou oportunidade e cales simplemente os infoxican de datos inútiles? Deberíamos deternos a pensar sobre estes aspectos antes dde colocarlle aos cativos estas ferramentas na man.     

Comentarios

  • Paula Rivas Táboas

    Me ha parecido alucinante la noticia Naza! Es la primera vez que escucho hablar de este tema y como tu dices a medida que iba leyendo el artículo me iba quedando sin palabras.

    Como dice el artículo, la mayoría de padres que consumen estos dispositivos electrónicos, son padres primerizos que buscando lo mejor para sus hijos, piensan que con eso van a ser mejores padres. ¿Cómo hacían entonces nuestras generaciones anteriores? ¿Qué pasa, que sin tecnología no podemos/sabemos cuidar a nuestros hijos?

    Como siempre digo, la tecnología es buena, pero siempre respetando los límites, y en mi opinión este tema esta traspasando el límite. Dice el artículo que no digas de esta agua no beberé, y es cierto, mejor no digo eso, pero NO CREO que llegue a usar estos dispositivos electrónicos para cuidar de mis futuros hijos.

    Muy buena entrada!!

  • Nazaret Suárez Louzao

    Graciñas Paula! Eu tamén ESPERO e DESEXO non ter que depender dun dispositivo para coidar dos meus fillos. Mentres ía lendo mais ía alucinando cos extremos aos que se está a chegar. 

    Penso que é sen dúbida a tarefa mais dificil de cantas nos poden tocar levar acabo na vida, a de educar aos nosos fillos, pero espero deixarme axudar por todos cantos recursos me axuden a mellorar e apoiar esta tarefa, pero sempre sendo eu a que decida e a encargada do coidado dos meus fillos, non ningunha máquina.    

  • Silvia

    Sin duda, na miña opinión isto reflexa como fomos pasando de considerar á tecnoloxía unha facilidade, para considerala como unha neceidade. É moi preocupante que precisemos aparellos t¡virtuais para realizar tarefas tan propiamente humanas como é o coidado dos fillos, en certo modo fainos vulnerables.

    Qué pasará nun futuro cercano se se cae a rede e non funcionan os aparellos TIC?

     

  • david reboredo gutiérrez

    Resultame unha noticia impactante e sorprendente. ¿deixar que un aparello tecnolóxico controle todo o referido aos nosos fillos? Penso que isto é consecuencia do uso desmesurado que hoxe en día se fai das novas tecnoloxías, empregandoas incluso como sustitutivas de moitas tarefas que se poden realizar cunha intervención directa; aquí a noticia que nos presentas. É certo que esta ben que queiramos ter controlados en todo o momento aos bebés ou fillos, pero esa búsqueda de prevención non debe ser tan depedente das novas tecnoloxías. Dende sempre as nais souperon como criar aos seus fillos, aínda non dispoñendo dos avances de hoxe en día, polo que a interacción debería ser a peza fundamental para o coidado. 

    Ao mesmo tempo, como nos comentas, a competencia dixital defínese como unha peza clave á hora de que os máis novos aprendan dende pequeniños a saber facer un uso crítico da información que atopamos na rede. ¿como logralo? penso que é importante a implicación de toda a comunidade educativa nesta temática, posibilitando o desenvolvemento de obradoiros sobre as novas tecnoloxías, que ensinen aos máis pequenos sobre un uso adecuado da información que contén a rede; e todo isto tomando como referencia os seus propios móbiles, portátiles e centrando a atención, non so en aspectos educativos, senón tamén en temáticas do seu interese.