Reflexión de proceso

Nesta entrada ao meu blog parto da base de que non debería estar a facer isto, dado que non debería pretender facer agora todo o qeu non fixen durante o curso, pero o certo é que todas as sesións ás que puiden asistir teñoas recollidas, coas miñas anotacións e nalgúns casos incluso documentos ou outras aportacións, por iso me gustaría compartir o que teño rexistrado, e para iso pido paciencia, sobretodo a Lourdes, que tanto me animou a que o levase ao día (tarefa que se me antolla case imposible, e que me fai admirar aos compañeiros que nunha situación similar á miña o conseguiron). Hoxe tratarei de poñer ao día o meu memorándum das sesións e en canto poda, sne falla, presentarei a miña idea das páxinas fillas.

Gracias por todo