O asesoramento, unha tarefa complexa

A sesión do 6 de Marzo comezou cunha pregunta lanzada ao aire pola profesora. Unha vez reflexionamos sobre o asesoramento (nas sesións anteriores) algo que podemos concluír é que o asesoramento é unha actividade moi complexa, polo tanto...¿Por qué será? ¿Por qué o asesoramento é unha actividade tan complexa?

 Xurden algunhas propostas entre os compañeiros. Coméntase que vivimos nunha sociedade na que prima o individualismo sobre o traballo en equipo, que existe unha enorme dificultade de colaboración entre profesionais.  Outra compañeira observa que hai unha grande dificultade para coordinar as accións, especialmente ao traballar con diferentes estilos de ensinanza, e localizarnos en moi diferentes contextos. Reflexionamos tamén sobre a relativa xuventude da investigación de educación e a propia Psicopedagoxía, ademáis ao atoparnos sometidos a unha grande cantidade de cambios lexislativos é difícil manter unha posición firme. 

A profesora expón o seu punto de vista. A rasgos xerais, podo entender que as principais complicacións débense ás raíces dobres do asesoramento, unha dada pola difusión dos cambios educativos e outra polos conceptos que se teñen sobre o apoio. Existe ademais moita confusión na relación con outras prácticas, as diferencias entre asesoramento e orientación, a formación do profesorado... Tamén temos que ter en conta que se sabe moi pouco do asesor, dado que se investiga moito sobre a teoría, pero sábese moi pouco da práctica, do día a día dun asesor.

Segundo Esteve, estamos na terceira revolución educativa, na que a ensinanza educativa secundaria extendeuse a nivel global. Este fenómeno fixo que moitas cousas de trastocasen. Entre outras, as relacións co profesorado.

Donald Schön, pola súa banda, considera que os profesionais precisamos ter un coñecemento experto, e a sociedade concedeunos un recoñecemento por ese coñecemento. Entendemos que os coñecementos que adquirimos no ámbito teórico, transladaránse á vida real. Despois comprendemos que hai coñecementos que non nos sirven. En cambio, o coñecemento extraído da practica, siempre serve, sempre e cando medie una reflexión previa. Schön propón unha reflexión en, para e sobre a acción (é dicir, antes, durante e despois)

O saber de asesores e asesoras está en permanente construcción. É unha actividade que ten como características, a complexidade, singularidade, incertidume e conflitos de valores. Iso todo, en conxunto, fai que sexa unha tarefa extraordinariamente complexa.

A continuación a profesora propuxo unha tarefa, elaborar uns modelos de asesoramiento, reflexionar sobre se poden ser o mesmo que os modelos de orientación.

As miñas reflexións ao respecto van no arquivo adxunto.

 

Modelos de orientacion vs. modelos de asesoramento.doc