Lipdub, Stop Motion, Flashmob, educación?

Xa vos falei, algunhas entradas atrás, de cómo os videos e imaxes están presentes na nosa educación. Nese momento só fixen alusión á súa presencia de maneira secundaria, é dicir, de materiais que xa estaban producidos e se utilizaban para ensinar ou complementar a ensinanza. Pero, que pasa, se son os propios alumnos os que os producen? A cousa cambia. Cada vez son máis os centros, de primaria, secundaria ou universidades, onde se crean videos, xa sexan para concursos organizados pola Xunta ou o MECD, ou para sinalar unha data especial nese centro. Ana Morala publicaba o outro día un video no que un instituto de Alcalá de Henares realizaba un flashmob sobre unha obra de Goya. Antes de continuar, temos claros estes conceptos? 

  • Flashmob: acción organizada na que un gran grupo de persoas se reúne, de repente, nun lugar público, realizando algo inusual; dispersándose despois rápidamente.

  • Lipdub: realización dun vídeo musical realizado por un grupo de persoas que sincroniza os seus beixos, xestos e movementos cunha canción popular ou calquera fonte musical. 

  • Stop Motion: técnica de animación que consiste en aparentar o movemento de obxectos estáticos por medio dunha serie de imaxes fixas sucesivas. 

Os que se levan a palma nesto de facer vídeos son os alumnos de medicina da USC, que os usan para todo chico! Xa se pos en Youtube "medicina" aparece directamente USC, flipo! Que humor lle botan para faser semejantes montejes, muitos de vos conoseredes xa algúns deles. Asique nos non imos ser menos, temos que dar o callo cos nosos vídeos de tecnoloxía, forza pedagoxíaE, postos a pedir, a ver se nos xuntamos como clase dunha maldita vez (cousa separatista chico) e para o ano montamos un lipdub ou algo para a nosa despedida de catro anos aprendendo pedagoxía na últimísima facultade do Campus Sur. 

Xa veriades algún dos videos que vos puxen, e agora é o momento da seriedade. Realmente este tipo de experiencias teñen valor educativo? Eu creo que si. Aínda que os videos de exemplo non fosen educativos precisamente; xa que, volvendo o tema da publicidade, o conto é vender, polo que vos ten que chamar a atención para velo; si que considero que a creación de videos, no formato ou estilo que sexa, pode ser beneficiosa para os estudantes de calquer grao educativo. Como no vídeo do colexio de Alcalá de Henares, que a historia fíxose presente nese instituto, e dígovos que esa lección non a olvidarán. Para min é moi beneficioso que os estudantes realicen vídeos en relación con distintas temáticas que poden aprender no instituto ou nas carreiras, por moito traballo que iso leve. Precisamente, se lles leva tempo e traballo, os detalles serán maiores e as ensinanzas xigantes. O que si, a actividade levariase moito mellor con tempo para desenvolvela, desfrutando do que fas, non as carreiras e no último momento. 

Vos que pensades?

Fontes:

Flashmob. Wikipedia. Recuperado o 05/05/2015 de  http://es.wikipedia.org/wiki/Flashmob

Lipdub. Galipedia. Recuperado o 05/05/2015 de  http://gl.wikipedia.org/wiki/Lipdub

Stop Motion. Galipedia. Recuperado o 05/05/2015 de  http://gl.wikipedia.org/wiki/Stop_motion

Comentarios

  • Ana Morala Escobar

    Buenos días Carli! Lo primero gracias por la mención, espero que te sirviera de ayuda e inspiración para esta entrada! jajaja. Y lo segundo, realmente me parece una entrada muy interesante, porque soy de las que piensan que el vídeo, sea por medio de Flashmob, Lipdub, Stop Motion etc., tiene un gran valor educativo; Creo que ayuda no sólo a la motivación del alumnado, que generalmente lo ve como algo novedoso y mucho más entretenido que el uso de recursos tradicionales, sino a sus propios procesos de enseñanza - aprendizaje, facilitando infinidad de aprendizajes por medio de imágenes, música... y estimulando así diferentes ámbitos de la memoria.

    Por otra parte, quiero decir que estoy completamente de acuerdo contigo en que ''a actividade levariase moito mellor con tempo para desenvolvela, desfrutando do que fas, non as carreiras e no último momento'', ya que por mucho que nos guste el vídeo y confiemos en su poder educativo, salvo pequeños Scorsese en potencia, creo que es imposible realizar un buen vídeo si el tiempo del que se dispone es escaso.

    Por último, te dejo aquí un Lipbub realizado en el Colegio Manuel Peleteiro (En donde estuve de prácticas y me sorprendió gratamente el tratamiento que hacen de las nuevas tecnologías y la competencia digital, teniendo incluso clases de audiovisuales!), realizado el año pasado, en que participaron gran cantidad de alumnos de todas las edades, así como profesorado, y que a mi, particularmente, me pareció muy bueno! :)

     

  • Carla Vázquez Formoso

    Que guai o vídeo! E Happy debe ser a canción de moda para os lipdub porque está en todos! E gracias polo comentario ;)