De narrativas transmedia, educación e mercado

As narrativas transmedia teñen un importantísimo valor educativo. Permítennos pasar de ser público a ser colaboradores. Lendo unha poñencia de Montalvo (2012) sobre un proxecto de educación ambental a través das narrativas transmedia puiden ver, ademáis, que imbricaba o traballo a través de distintas plataformas dixitais co traballo do día a día na realidade tanxíbel dos estudantes. A importancia disto reside en non desconectar o mundo dixital do mundo real, en crear pontes que unan a virtualidade e máis a realidade para poder  desenvolver un proceso de ensino-aprendizaxe moito máis completo, onde os significados dos contidos traballados se poidan entender desde todas as perspectivas ao alcance destes estudantes.

Antes de que se tratase este tema en clase, eu non coñecía o termo, aínda que, por suposto, xa tiña visto o emprego comercial que se lles daba ás narrativas transmedia. E é que non debemos esquecer que o mercado extende os seus tentáculos a todas partes. Neste caso, máis que iso, como nos lembra a páxina Trece Bits (2011), a primeira película que empregou a narrativa transmedia, permitindo ao público participar axudando directamente á protagonista a través das redes sociais, foi The Inside experience, que foi creada por dúas marcas de tecnoloxía para publicitar un novo artigo. En casos coma este, as narrativas transmedia non nos ofrecen liberdade, senón que se convirten en estratexias de mercado que serven para engancharnos aos novos productos.

Seguimos a ser clientes, pero as grandes empresas entenden que estamos a mudar e saben aproveitalo no seu beneficio. Así, pasan de considerarnos consumidores a prosumidores. Gutiérrez-Rubí (2012), que é un asesor de comunicación que traballa con empresas, deixa claro que as políticas empresariais deben dirixirse a un novo tipo de cliente que está presente nas redes sociais, polo que é preciso que as organizacións teñan presenza nas mesmas co obxectivo de conseguir lealtade por parte destes prosumidores.

Con isto non quero dicir que haxa que deixar as narrativas transmedia de lado, para nada, creo que son un recurso potentísimo na educación. O que quero transmitir é que, coma todo, hai que ollalas de xeito crítico. Non vaia ser que pensemos que estamos a participar cooperativamente cando o que estamos é a consumir.

 

 

Bibliografía:

Gutiérrez-Rubí, A. (2012). Del cliente al prosumidor. Directivos y Empresas, 206, 122-123. Atopado o 29/04/15 en: http://www.gutierrez-rubi.es/wp-content/uploads/2012/06/cliente_prosumidor.pdf

Trece Bits (2011). “The Inside Experience”, la primera película 2.0, la crean Intel y Toshiba. Atopado o 02/05/15 en: http://www.trecebits.com/2011/07/21/8312/

Montalvo, J. (Outubro, 2012). Narrativa transmedia y educación ambiental infantil: principios creativos y pautas metodológicas. En Comunicación e industria digital. Poñencia levada a cabo no XIV Encuentro latinoamericano de facultades de Comunicación Social, Universidade de Lima, Perú. Atopado o 03/05/15 en: http://www.researchgate.net/publication/235941569_Narrativa_transmedia_y_educacin_ambiental_infantil._Principios_creativos_y_pautas_metodolgicas

Comentarios

  • Rosa Rey García

    Estou totalmente de acordo contigo Iria, creo que a narrativa transmedia pode ofrecer a educación moitas alternativas, o igual que a copia do modelo que ten a actual publicidade para aplicalo a educación. Isto recollo o igual ca ti no meu post “A educación como publicidade”, o cal te animo a ler. Tamén creo que é moi importante o papel crítico que temos que adoptar con elas, para non converternos en simples usuarios que consumen un produto, sen fixarnos si este realmente satisface as nosas necesidades. Para que desta maneira non volva a ocorrer o que comentamos onte na clase, de que a compra  masiva de ordenadores nas escolas se tache dun movemento comercial e non educativo.