E-Orientacion

No presente enlace, podedes atopar unha presentación multimedia onde se explica o concepto que a continuación comentarei.

http://www.educastur.princast.es/fp/hola/e_orientacion/

A e-orientación é a visión da orientación que se modificou pola implantación das TIC neste ámbito. Estas converteronse nunha ferramenta importantísima para mellorar e facilitar o proceso de orientación das persoas, en calquer ámbito e en calquera das etapas do ciclo vital.

Nas diapositivas que podedes ver no enlace, presentase o concepto, o seu obxetivo, o novo perfil do orientador, as facilidades que ofrece etc coa finalidade última de mellorar os procesos de orientación a traves do uso das TIC, así como que os profesionais da orientación tomen conciencia da necesidade de formarse neste campo  e adquirir as competencias neceaarias para sacarlle as TIC o máximo partido posible dentro do seu campo laboral.

Na miña opinión os aportes máis destacados das TIC neste campo son as posibilidades que ofrece de comunicación entre o orientador e o destinatario, que permite extender o horario de dispoñibilidade fora do horario de citas, e a posibilidade de obter información fiable e actualizada prácticamente en calquera momento.

Para rematar gustaríame recalcar a necesidade de que o orientador entenda que as TIC son un novo ámbito no que deben guiar os usuarios, para ue estes lle saquen o maior partido e elaboren con exito a súa propia identidade dixital.

Espero ue vos resulte interresante ! Un saúdo