Aprendizaxe colaborativa

Botando unha ollada ás redes sociais, encontreime unha nova na que Ernest Quingles (presidente executivo de Epson ibérica) afirma que a aprendizaxe colaborativa ten na tecnoloxía un factor aliado, afirmando que a tecnoloxía favorece a relación entre alumno-profesor e entre os propios alumnos, convertíndose o fluxo de información en multidireccional.  

Seguindo esta idea, penso que a aprendizaxe colaborativa posibilita que os alumnos fomenten valores e actitudes positivas ao traballo en equipo, ademais de favorecer a adquisición de contidos e a motivación por aprendelos.

Ao mesmo tempo que a tecnoloxía favorece dita aprendizaxe, tampouco se deben esquecer os recursos materiais tradicionais de ensinanza, a través dos cales tamén se pode fomentar a aprendizaxe colaborativa, poñendo como exemplo a montaxe dun puzzle en equipo.

Polo tanto penso que é o dilema de sempre, é dicir, ¿Como facer para lograr un equilibro entre o uso das novas tecnoloxías e os recursos tradicionais na aula? ¿Cómo contribuir á aprendizaxe colaborativa a partir de ambos recursos? Por todos é sabido que as novas tecnoloxías son cada vez máis indispensables no sistema educativo, polo que a súa incorporación é necesaria. Sen embargo, os recursos tradicionais como o lapis ou o papel, permítennos a adquisición de competencias básicas como aprender a ler e escribir, polo que o seu uso na aula debe seguir desenvolvéndose. Polo tanto en relación ás preguntas formulada, os profesores son a vía importante para lograr dito equilibrio, sempre e cando exista a súa disposición ditos elementos materiais cos que traballar, favorecendo dese xeito a que os alumnos aprendan colaborativamente.

Un exemplo de aprendizaxe colaborativo é o realizado por nos durante as sesións interactivas nas que traballamos coa galipedia. A través do uso da rede e das novas tecnoloxías centrámonos en completar, na medida das posibilidades, certas temáticas en relación a contidos educativos. Esta experiencia permitiume coñecer un aspecto novo que descoñecía totalmente e publicar nunha enciclopedia de carácter libre, contribuíndo á produción de coñecemento aberto.  

Resultado de imagen de aprendizaje colaborativo y tecnologia imágenes en creative commons

Fonte:

http://www.educaciontrespuntocero.com/noticias/la-tecnologia-alidada-del-aprendizaje-colaborativo-por-ernest-quingles/26003.html visitado o día cinco de abril ás 15:20

https://juandomingofarnos.wordpress.com/tag/aprendizaje/page/6/?iframe=true&width=95%25&height=95%25 visitado o día cinco de abril ás 15:30

Comentarios

  • Belén Varela

    En reposta ás túas preguntas considero que unha cousa non quita  á outra! Tanto o aprendizaxe colaborativo como a tecnoloxía non son opostas pero si moi necesarias da educación de todos os suxetos. É tan facil como traballar ambas por separado buscando un equilibrio e empregando a mellor opción para os obxectivos qu epreviamente se propoñen ou empregalas de maneira conxunta! Un saúdo!

  • Cristina Martínez Álvarez

    Vivimos nunha sociedade na que os medios tecnolóxicos avanzan de maneira vertixinosa, o que leva consigo un proceso de adaptación no ámbito educativo.

    Penso que a cuestión non está en usar ou non as novas tecnoloxías no sistema educativo, senón en cómo usalas, como combinar un ensino-aprendizaxe activo no que todo o alumnado e profesorado teña participación e implicación.

    Para isto, é preciso crear novas formas de aprendizaxe nas que os avances tecnolóxicos apoien a ensinanza. É moi importante que os docentes teñan acceso a elo co obxectivo de mellorar a calidade educativa. Isto da lugar a que se xere un traballo colaborativo xa que favorecen a súa propia aprendizaxe e mellorar o seu desenvolvemento persoal (relacionándose con outros compañeiros para adaptarse ás novas necesidades e ambiente de traballo).

    Por outra banda, como ben amosas, a experiencia de traballar na Galipedia é un claro exemplo de traballo colaborativo, no que todos participamos para construír coñecementos e fomos un pouco responsables do traballo que deixamos na rede á disposición doutros usuarios.