Todo xira en torno á tecnoloxía

Na actualidade vivimos nunha era que xira en torno á tecnoloxía. Cada vez é máis preciso que contemos cunha boa competencia tecnolóxica para adaptarnos ás innovacións que día a día aparecen nos medios de comunicación ou no mercado.Volvímonos uns grans consumidores de ela, non podemos traballar sen un ordenador, unha rede e un teléfono móbil; non somos capaces de botar máis dunha semana sen mirar as nosas redes sociais, cada vez empregamos máis Internet como fonte de información, etc

Todo esto crea unha mentalidade dende o meu punto de vista capitalista onde se moven moitos millóns de euros, onde grandes empregas compiten pola creación de mellores equipamentos tecnolóxicos contra empresas como no caso de China que realizan productos coas mesmas ou mellores características aforrando en materiais e man de obra e ofertando os seus productos a precios máis baixos.

Por outro lado, a alfabetización co emprego das tecnoloxías cada vez é máis común e a crecaión de aplicacións, blogs ou páxinas educativas vai en aumento. Empresas e autónomos aprovéitanse disto para buscar unha saída profesional coa venda de permisos para traballar co seu material tecnolóxico no ámbito educativo. A pesar disto, o maior problema é a falta de competencia tecnolóxica do profesorado que non lle permite levar a cabo as súas funcións con este material da maneira máis efectiva posible. Creo que dentro da formación contínua dos docentes é preciso unha formación na tecnoloxía. Que opinades?

Comentarios

  • Nuria Rodríguez

    Desde a miña perspectiva estou contigo cando dices que é preciso unha formación na tecnoloxía dentro da formación continua para os nosos docentes pois si eles non son capaces de desenvolverse en elas,  como van estar capacitados para poder aprenderlle os nosos cativos? Pois a competencia dixital na actualidade é unha competencia básica que deben adquirir os alumnos na primaria ao igual que por exemplo as competencias en matemáticas ou competencias en comunicación lingüística debido a importancia que se lle concede a tecnoloxía na sociedade pois como ben dis volvémonos uns grans consumidores desta.
     

  • Cristina Martínez Álvarez

    Está claro que a día de hoxe todo xira en torno a tecnoloxía e este é un feito inevitable. Diariamente vémonos obrigados a empregala xa sexa dende o ámbito universitario como por exemplo coller apuntes, comunicarnos cos mestres... ata pedir unha cita médica.

    Penso que non temos que ver isto como algo negativo, o que temos é que tratar de visualizar e potenciar a parte positiva disto xa que Internet facilítanos a vida e, hoxe en día, prácticamente se pode considerar indispensable. 

    Por outra banda, como ben dicides, as competencias dixitais establecéronse como unha competencia básica do currículo. Considero que é un feito positivo posto que deste xeito, axudan a eliminar barreiras, achegando a tecnoloxía dende os centros educativos aos nenos/as xa dende cativos. O que nos debemos plantexar é si esto realmente é un feito ou só se queda en proxectos que non son levados a práctica.