A tecnoloxía nas nosas vidas

Rememorando o que fomos vendo nas diversas clases de Tecnoloxía Educativa, puxenme a pensar como influe a e influiu a tecnoloxía nas nosas vidas, como a modifica e en moitos casos a simplifica.

Pensando en todo isto veume a cabeza a película de Wall-E que espero que tuvesedes a oportunidade de disfrutar de tal placer, xa uqe dende o meu punto de vista é unha película xenial aínda que sexa de debuxos animados. Aquí vos deixo o trailer para que vos fagades unha idea.

 

Na película falasenos de como a terra está tan contaminada que os seres humanos tiveron que abandonala e ir vivir o espazo e alí quedou Wall-E, un robor encargadode limpala. Para os seres humanos que foron vivir ao espazo, nunha nave controlada por un robot, a vida é moi fácil xa que dipoñen de moitos robots que lle facilitan e simplifican a vida.

Pareceme moi interesante esta película para tratar o tema de como a  tecnoloxía influíu nas nosas vidas, xa que nos seres humanos se pode comprobar que se volveron todos obesos debido a que non necesitaban facer nada, todo llo facía un robot. Isto fixome reflexionar moito sobre ata que punto a tecnoloxía está influíndo nas nosas vidas e ata que punto influirá, ata que punto estamos facendo un bo uso das novas tecnoloxías.

Considero que as novas tecnoloxías son necesarias para avanzar e evolucionar e facilitar tarefas que antes eran pesadas e moi laboriosas, xa que antes da chegada de internet e os ordenadores buscar información era unha ardua tarefa, pero sempre facendo un uso responsables destas, xa que dende o meu punto de vista deixar que un robot ou unha máquina realice todas as nosas tarefas non sería nada productivo.

Espero que os que non vistes a película saquedes un anaquiño de tempo para poder vela e que vos guste tanto como a min.

Comentarios

  • david reboredo gutiérrez

    Estou dacordo contigo en que nos aprobeitamos de tal maneira da tecnoloxía, ata o punto de que tarefas que podemos realizar por nos mesmos, as realizamos nos mesmos. Nunha entrada publicada que recibe o nome de "cando o tecnolóxico se converte nunha obsesión", tamén se fala do uso desmesurado da tecnoloxía, ata tal punto de deixar que un aparello tecnolóxico controle todos os movementos e reaccións dos bebés. Isto móstranos que as novas tecnoloxías que apareceron como algo novidoso e que nos poden facilitar as cousas, se convertiron en algo indispensable nas nosas vidas, chegando ata tal punto de querelas empregar para todo.

    Deste xeito, ¿como facer para evitar o uso desmesurado das novas tecnoloxías? É unha tarefa dificil de lograr debido á dependencia que temos do seu uso, pero coido que unha educación baseada no uso crítico das tecnoloxías, permitiría desenvolver capacidades dixitais básicas, a través das cales, poder limitar esa dependencia.

  • Nuria Rodríguez

    Apunto o título desta película Judith pois non me lembro de que a vira polo que encanto teña un anaquiño tras acabar os exámenes e esta pesadilla de mes que comenza penso vela.

    Algunhas das miñas entradas consisten neste tema que para min e un dos principais desta materia, ata que punto é útil a tecnoloxía nas nosas vidas? Cales son as súas vantaxes e os inconvintes? Evidentemente facilitamos moito o noso día a día eso non se pode negar pero por outra banda estámonos acomodando moito a elas dende o meu punto de vista, pois moitas persoas pensan: ¿se mo pode facer unha máquina para que o vou a facer eu?

    En definitiva, temos tan interiorizado o seu uso que non podríamos pasar máis de 24 horas sen estar conectado a calquera destos aparellos. Parte de culpa tena a sociedade na que vivimos tan consumista pois se temos un modelo dun móvil e sale o seguinte dende as publicidades provocan en nos o desexo e necesidade de mercar este novo modelo por iso debemos ser conscientes e ter un equilibrio do seu uso.

  • Judith Viqueira Díaz

    Estou moi de acordo con vos os dous. 

    E comparto a túa idea David de que é necesario unha educación baseada no uso crítico das tecnoloxías para que as novas xeracións fagan un uso responsable destas, xa que dende o meu ounto de vista sería terrible chegar ao día en que máquinas ou robots fixesen todo o noso traballo.

    E tamén estou de acordo contigo Nuria en que a sociedade actual mediante a publicidade nos crea necesdidade de certos produtos que realmente non o son. E para isto tamén sería necesario intervir dende a educación, educando a persoas cun pensamento crítico que sexan conscientes dos intereses que existen detrás da publicidade.