Escuela 2.0

Dende fai 20 anos, existe unha meta no sitema escolar moi presente nas políticas educativas públicas. Son numerosos os proxectos que se foron desenvolvendo, caracterizándose de dotar aos centro de recursos informáticos que se organizaban nunha aula de ordenadores. O coste destes aparatos era elevado, o que dificultaba que as escolas tiveran a cantidade suficiente o que provocaba que se agruparan nun mesmo espazo: a aula de informática. Convertíase o uso destas tecnoloxías nun uso esporádico.

Ao longo destes anos, foron moitos os proxectos que se levaron a cabo tanto a nivel nacional, como autonómico. O máis actual, levado a cabo polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte é o proxecto de  “Escuela 2.0”.

¿Qué é a “Escuela 2.0”?

Trátase dun proxecto para a innovación e a modernización dos sistemas de ensinanza, un programa de integración das TIC nos centros educativos que están sostidos con fondos públicos, dirixido a Eduación Primarira e o primeiro ciclo da ESO.

Polo tanto o obxectivo principal deste proxecto, tal e como se comentou na clase, trátase de dotar a todo o alumnado de un ordenador. Para iso, o Ministerio de Educación  pretende transformar as aulas tradicionais en aulas dixitais do século XXI.

Este proxecto, ademáis, ten a finalidade de elaborar accións formativas para o profesorado que se encargue do desenvolvemento do programa e sexa responsable da tecnoloxía en cada centro.

¿Qué supón a creación destas aulas dixitais?

Por suposto, supón unha reorganización do centro e incluso do persoal. É dicir, supón un cambio á hora de ensinar, aprender e evaluar.


Despois de facer esta pequena introducción acerca dos obxectivos deste proxecto e a quén vai destinado, quero reflexionar sobre un elemento que me interesa, tamén como futura profesional: o profesorado.

Sen dúbida con este tipo de proxectos, o que se busca é unha nova forma de aprender e de ensinar. Un complemento ao libro e ao caderno, que permita levar as experiendas dos estudantes un paso máis alá.

Pero, ¿Qué pasa cos profesores/as? ¿Están preparados para este tipo de innovacións? ¿Teñen formación específica para este campo?

Con estas preguntas na miña cabeza, dispúxenme a buscar respostas ata dar con un curioso proxecto de investigación levado a cabo por dous profesores da Universidade de La Laguna. O estudo recibe o nome de: Opiniones, expectativas y valoraciones del profesorado participante en el Programa 2.0 en España. Nel plásmanse as expectativas e opinións de máis de 5.000 profesores no ano 2014.

O profesorado que participou neste estudio daba clases en 5º e 6º de primaria e 1º e 2º da ESO, e pertencencían a todas as Comunidades Autónomas.

Entre algúns dos datos interesantes que atopei, gustaríame destacar, entre os numerosos datos que mostra, a valoración que o profesorado da sobre a aplicación deste Programa “Escuela 2.0”:

“La valoración que hace el docente de las políticas de formación es media baja. El aspecto que más aprecia el profesorado es la dotación de recursos, aunque le otorga unas calificaciones de regular (un 32,5%) y bien (un 36,3%). El resto de los aspectos de las políticas de implantación, como son el apoyo ofrecido, la creación de materiales, la formación del profesorado y la difusión informativa, son valorados mayoritariamente con una calificación de regular.”

A conclusión que se chega é que os datos non son realmente positivos. A valoración máis alta é “bien” na dotación de recursos e o resto atópase con unha calificación media baixa.

Que exista cantidade de recursos nas escolas está moi ben, pero se non se fai un esforzo por formar ao profesorado encargado destas ferramentas, de nada serve.

 

E nos, ¿estamos preparados?

 

Fontes

-Area, Manuel; Sanabria, Ana L. (2014). Opiniones, expectativas y valoraciones del profesorado participante en el Programa Escuela 2.0 en España. Universidad de La Laguna. Recuperado de: http://ddd.uab.cat/pub/educar/educar_a2014m1-6v50n1/educar_a2014m1-6v50n1p15.pdf consultado 6-5-2015)