Educación estancada

Fai un par de días, na miña última entrada, a nosa compañeira de clase Tamara deixoume un video moi curioso nos comentarios relacionado co tema que acababa de abordar. Dito video trataba sobre unha conferencia sobre videoxogos e educación. Sen embargo un dos aspectos que máis me chamou a atención era a afirmación que facía o conferenciante sobre a educación actual.

Dita afirmación consistía en que a educación actual estaba desfasada, que non era acorde cos tempos que corren. Iso baseábase en que actualmente temos acceso a unha cantidade inmensa de información. Actualmente todo o que desexemos saber podémolo atopar en internet, e según o dito actual se non está en internet é que non existe. Fai anos isto non era así, dependiamos do noso coñecemento e de información que poidéramos consultar en libros ou a outras persoas. Agora calquera pode acceder a internet dende o seu móbil e atopar calquer tipo de información en apenas dous segundos.

Sen embargo ata fai pouco isto non se tiña en conta. Se nos puxeran dúas gravacións, unha dunha clase de 1980 e outra dunha clase de 2008, a única maneira de diferencialas sería pola roupa que levaran os asistentes. Os métodos que se empregaban ata fai uns anos apenas diferían dos que se empregaban fai 30 ou 40 anos, por non decir máis tempo. E vendo como avanzou a tecnoloxía esta máis que claro que aquí algo non está a funcionar.

Volvendo ao que se decía na conferencia, estase a educar sen ter en conta a incrible cantidade de información a que se ten acceso neste momento. Seguindo un modelo inmobilista que se mantén dende fai décadas. Este tipo de educación baséase na memorización de coñecementos pura e dura.

Na miña opinión con isto o que se fai é crear unha burbulla na que se encerra á escola. Como podemos formar aos actuais alumnos e futuros cidadáns para ser unha parte activa da sociedade sen ter en conta o avance da propia sociedade?

Unha idea que se pode aplicar era a que se presentaba no texto de Burbulles, sobre o cal fixemos o traballo obrigatorio desta asinatura. Nel xa se afirmaba a necesidade de crear usuarios críticos de internet que sexan capaces de comprender toda a información a que teñen acceso e de empregala para os seus propios fins.  Este sería un gran primeiro paso para que os colexios se acercaran cada vez máis á nova realidade e foran capaces de formar a alumnos acordo aos nosos tempos. Aínda que está claro que xa existen profesionais concienciados con isto e medidas para poñer en práctica, na miña opinión, queda moito que facer e moito camiño por recorrer.

Outro aspecto que se debería de ter en conta á hora de ensinar nos colexios é que non se debe de centrar tanto en que os alumnos memoricen tres ou catro conceptos determinados. Ás veces procúrase que os alumnos aprendan determinados contidos, pero realmente os aprenden? Que un alumno puxera nun exame a definición perfecta dun termo non significa que realmente saiba que significa ese termo. E ao mesmo tempo que un alumno non conseguise explicar á perfección un concepto non significa que non saiba nada sobre eso.

Isto está bastante relacionado coa teoría das intelixencias múltiples de Gadner(2014). Esta teoría define que existen diferentes tipos de intelixencia, que serían as seguintes:

-Lingüística.

-Lóxico-matemática.

-Espacial.

-Musical.

-Cinético-Corporal.

-Intrapersoal.

-Interpersoal.

 

O problema é que o sistema educativo non ten en conta isto, e premia a unhas intelixencias por encima de outras. Por exemplo a cando a diferenza entre ser un alumno intelixente ou non era memorizar un tema enteiro de historia ou sociais. Ou algúns dos nosos músicos favoritos, aos que no colexio os declararon inútiles e ninguén esperaba deles que foran a chegar a algo.

É por todo isto que a educación debe de cambiar, para adaptarse ao tempo no que estamos e para deixar de desperdiciar potencialidades dos alumnos, sobre todo coa gran cantidade de recursos que agora temos á nosa disposición. 

 

Gardner, H. (2001) “La inteligencia reformulada: Las inteligencias múltiples en el siglo XXI” Consultado el 11 de julio de 2015 en http://datateca.unad.edu.co/contenidos/403040/Contenidos/Unidad_I/Gardner_inteligencias.pdf

Comentarios

  • david reboredo gutiérrez

    Penso que si, que a educación deste momento está desfasada. Como ti ben dis, agora podemos acceder a gran cantidade de datos na Internet, polo que podemos obter coñecemento sobre certas materias que reciben os alumnos nas clases, propiciando que os alumnos non mostren interés polo que se lles ensina na escola. A tecnoloxía ten avanzado moito ultimamente, sendo numerosos os aparellos electrónicos usados hoxe en día Entón ¿porque non contribuír coa tecnoloxía ao cambio na educación? ¿porque non propiciar o cambio dende unha escola centrada na memorización de contidos a unha escola que fomente a creatividade? Ben é certo que as novas tecnoloxías nos permiten gran cantidade de operacións que favorezan dita creatividade, de xeito que a súa incorporación as aulas parece ser necesaria; con respecto a isto destacar que xa ben entrados no siglo XXI e na sociedade da información, non é ata 2015 cando se integra nas escolas un ordenador por alumno, como recolle o programa Escola 2.0. É certo que a incorporación de ordenadores á aula non supón por eles mesmos un cambio nas formas de ensinanza, pero constitúese como o primeiro paso necesario para o cambio. Pero tamén se debe ter en conta para elo o emprego de recursos materiais tradicionais, pero non centrados na mera acumulación de contidos, senón como unha base para os alumnos a partir da cal iniciar procesos de reflexión e espírito crítico.   

  • Ivan Calviño Gomez

    Iso que dis é moi certo, a veces a creatividade é máis valiosa que posuir moitos coñecementos. Se o único que se fai é asimilar contidos e non se posúe a creatividade suficiente para transformalos ao final prodúcese un estancamento e a sociedade deixa de avanzar. En canto ao dos programas que establecen un ordenador por alumno tamén opino que é un paso adiante, pero deben de ser considerados como unha ferramenta para conseguir outros obxetivos, non como un logro en si.