Narativa transmedia

Nestes últimos anos estamos a vivir un novo fenómeno nos medios de comunicación: a narrativa transmedia. Esta, supón a difusión de produtos por diversos medios e soportes, tratando de chegar a un maior número de usuarios.

Nos, como participes dos diferentes medios de comunicación ós que estamos expostos, formamos parte deste fenómeno. Por exemplo, cando estamos vendo un programa de televisión e “twitteamos” sobre el, miramos unha páxina web do programa, participamos no club de fans,... estamos a formar parte de elementos transmedia.

Comparto con vos un artigo de Antoni Roig no que pon como exemplo 12 categorías que se poden considerar transmedia: http://www.uoc.edu/divulgacio/comein/es/numero29/articles/Article-Toni-Roig.html

Chama a atención, como ben di no artigo, que moitos destes exemplos entrexúntanse  coa nosa vida cotiá, sen ser conscientes diso.

Dentro dos medios de comunicación onde intervén este fenómeno podemos atoparnos coa publicidade.  Actualmente, presenta dúas formas, a masiva tradicional e a online. Esta publicidade busca mostrar contidos a través de diversos medios.

Nestes medios podemos destacar  Internet cunha presenza importante e, dentro del, as Redes Sociais, que afectan de maneira radical ó ocio.  No artigo “Presencia de las redes sociales en las campañas publicitarias transmedia más premiadas”  pretenden determinar a relación de campañas publicitarias dentro das redes sociais.

Os resultados acadados é que a variable transmedia  tende a ser valorada polos creativos publicitarios. Estes, empregan as redes sociais para a relación cos usuarios, propiciando así a súa participación (característica do elemento transmedia).

Por último, gustaríame compartir con vos este vídeo:

Nos primeiros minutos fálase da construción e consumición de contidos de nova formas. Ademais, poñen en relevo que estamos conectados dixitalmente e consideran a narrativa transmedia como a nova narración do século XXI, facendo que unha historia poida estar en todas partes. Por último, poñen exemplos deste novo fenómeno.

Agora ben, que importancia ten a narrativa transmedia na educación? Por un lado, debemos fomentar unha educación mediática respecto a este tema, considerando a información que recibimos e na cal participamos por medio dos diversos soportes. Por outra parte, esta idea pódese usar para desenvolver propostas de ensinanza empregando os diversos soportes, incentivando así ós alumnos e profesores a desenvolver un novo método de ensino-aprendizaxe.

Fontes do traballo:

Antoni Roig, (2014). Cariño, tenemos que hablar (de ‘transmedia’). Revista de los estudios de Ciencias de la Información y la Comunicació. 29

Martínez Saez, J., et al (2014). Presencia de las redes sociales en las campañas de publicitarias transmedia más premiadas. Historia y comunicación social. 19, 301-313