Unha visita robótica

Na expositiva desta semana recibimos outra visita que nos fixo achegarnos a un mundo bastante descoñecido polo menos para min: o da robótica.

María veu desde Barrionovo, unha escola que se atopa en Pastoriza, Arteixo. Foi unha charla moi amena na que nos tivo atentos durante todo o tempo amosándonos o seu traballo nesa escola con nenos de 3, 4 e 5 anos. Contan con bastantes recursos tecnolóxicos, como pizarras dixitais en todas as aulas, tablets, un iPad... Pero centrouse en contarnos a experiencia da robótica nesa escola.

Fai dous anos apareceu o chamado Beebot. Trátase dun robot en formato de abella, de pequeno tamaño, e co cal se pode realizar diferentes actividades, especialmente relacionadas coas competencias matemáticas e dixitais. O beebot traballa sobre unhas cuadrículas, nas que os nenos/as poden darlle indicacións e deste xeito, o beebot avanzará cara adiante, xirando ou cara atrás. Ó final da clase permitíronnos probalo e pensando cunha mente dun neno/a de 5 anos, é algo marabilloso. O seu uso non se limita só aos cálculos, senón que ten múltiples usos, como por exemplo utilizalo para contar un conto ou tamén para recorrer os sete mares (un dos proxectos que fixeron).

Logo do beebot, apareceu o que lle chamaron escornabot. Tamén se trataba dun robot que tiña máis capacidade para avanzar máis e polo tanto, con máis posibilidades de operacións matemáticas. Chamoume a atención que os propios mestres con axuda, foron capaces de elaborar un propio e que os nenos/as participasen na elaboración.

Na miña opinión creo que Barrionovo conta con moitos aspectos a favor: teñen posibilidade de numerosos recursos, mestras con moitas ganas de traballar e innovar, traballan sempre por proxectos... Todo é unha suma de aspectos positivos que levaron á robótica a permanecer nesa escolar dende xa fai un par de anos.

Gustoume moito como María nos falou sobre que por moitos recursos que se teña, sempre se teñen que utilizar para algo. É dicir, con cabeza e sempre pensando en qué poderá favorecer a súa utilización, cómo fomentar a participación de todos os nenos/as, etc.

Por último, tamén destaco a utilización case diaria, ou polo menos semanal, do blog do EEI Barrionovo. Polo que estiven vendo nel, o blog está en constante uso compartindo todas as experiencias que se viven nesa escola tendo como protagonistas aos nenos/as. E o 5 de maio tocounos a nós aparecer polo blog disfrutando dunha charla do máis interesante posible. Deixo aquí o enlace: http://aeeidebarrionovo.blogspot.com.es/2015/05/o-noso-traballo-coa-robotica-na-usc.html