Silencio, se rueda!

Estamos na etapa final do curso e todos estamos hasta os topes de traballo, aínda así, seguindo cos vídeos e a súa utilidade no eido educativo, convertímonos en aprendices de Spielberg para facer o noso propio. Corto pero intenso. A través de el, Adriana pediunos que realizásemos o noso propio vídeo centrado en diversas temáticas, a nosa era a centrada na ensinanza da competencia dixital aos adolescentes. Nun primeiro momento vímonos un pouco perdidas, xa que non atopábamos maneira de enfocar a idea; pero, despois de darlle voltas e barallar as opcións, atopamos unha opción viable que nos permitiría tratar este tema. Peeero, de momento non vos direi de qué trata, para eso teredes que esperar á que subamos o vídeo completo á plataforma, como quen espera un estreno de cine! O que si vos darei é un adianto para ir abrindo boca: temos super heroína e todo! 

Unha vez que fixemos o guión, cousa complicada xa que implicaba música, diálogos, espacios ... enterámonos de que deberiamos realizar un Storyboard que contemplase todo o proceso do vídeo de maneira clara, o que liaba máis o tema, pero, como sempre tiramos para diante para facelo! Con isto chegou o sábado, o día de grabación. Empezamos cedo, pola mañá, pensando que grabar nos levaría moitísimo tempo; pero decatámonos rápido de que nos levou máis traballo a montaxe que a propia grabación en si.

Ningunha somos profesionais dese ámbito polo que o día foi duro, eso sí, con risas, moitas risas. Despois de tomas e repeticións, varias repeticións, chegamos ó realmente complicadillo: a montaxe de todo isto. Nun primeiro momento comezamos por descartar as imaxes que non servían, quedándonos só cos vídeos que nos servían realmente. Ese foi o primeiro paso: colocalas en orde, preparando as transicións e controlando os tempos de duración. Unha vez que tiñamos isto listo, seguimos con engadir a música, libre de copyright claro; para, finalmente, colocar o título e o fin. 

Aínda que parece un proceso sinxelo, xúrovos que nos levou varias horas telo listo. Cando conseguiamos que as secuencias coincidisen coas transicións, o integrar a música movíasenos todo; cando tiñamos a música lista, engadimos unha imaxe e volvíasenos a descolocar. Foi un traballo continuo e seguido, adiante e atrás, para conseguir finalmente o resultado desexado. Traballamos basicamente co Movie Maker, xa que é o que os ordenadores de Windows traen por defecto, e o que, sabiamos utilizar. Intentamos descargar algún outro programa, como o Sony Vegas, pero necesitabamos licencia e eran de pago ... asique, ceñímonos as potencialidades do Movie Maker. 

A experiencia, en xeral, foi, aínda que cansada, estupenda, xa que os momentos de tomas falsas son inmellorables. Agora que, facer este vídeo, con todo o que implica (guión, storyboard, busca de música ... ) é unha tarefa complicada xunto co tempo co que contamos; que é pouco. A montaxe dun vídeo supón ter maña á hora de tratar cos programas de montaxe e de audio, cualidade coa que non todo o mundo conta. Se a nos, téndoa, nos levou tempo, non me quero imaxinar a outras persoas. Tendo en conta isto, se contásemos con máis tempo para realizar a tarefa (xa que o día 13 ó rematar as clases moitas persoas marchan para as súas casas) a experiencia seguro que sería moitísimo mellor. Sen duda, é un recurso que utilizarei no meu futuro profesional! 

Comentarios