Técnoadicción

A continuación deixo unha entrada que me parece moi interesante e sobre todo, sorprendente. Ata que punto podemos chegar a adicción das novas tecnoloxías que precisamos unha desintoxicación coma se de droga se tratase ? Pois inda o remedio que se da neste caso é tamén sorprendente.

 

Trátase da adicción de nenos e adolescentes ao uso compulsivo de Internet. Tanto que chega a ser diagnosticado como trastorno clínico, con necesidade de profesionais para axudar e levar os seus casos. Esta noticia é de China, país coas cotas máis altas de adicción a Internet.

 

Penso que antes de ter estes problemas debemos coidar os nosos usos para non caer neles. Os pais, deben facer un uso consciente de Internet, e non só vixiar aos seus fillos neste, pese a que os nenos se guiarán polo que os seus pais fan.

 

Deixo a continuación un fragmento do texto que me parece moi interesante:

Sin embargo, los padres también son invitados a menudo a visitar a sus hijos como parte del tratamiento, que busca la reconciliación familiar. Los dirigentes del proyecto insisten en que gran parte de la culpa de este tipo de adicciones son de los padres, que nunca se detienen a escuchar la opinión de sus hijos o sus problemas, lo que empuja a los jóvenes a buscar su propia inhibición en el ordenador. Por lo que también dedican charlas de concienciación a los progenitores para evitar una recaída de los hijos”.

 

 

Por último o enlace da noticia para todos aqueles que se sintan interesados:

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/internacional/2014/07/02/china-implanta-campamentos-militares-contra-adiccion-heroina-electronica/00031404316081628517846.htm

 

Así como algunhas pautas para evitar a xa famosa tecnoadicción:

http://www.protecciononline.com/como-evitar-la-tecnoadiccion-en-ninos-y-jovenes/

 

 

*Agora mesmo atópome alucinando pola cantidade de noticias relativas a tecnoadicción se atopan, e como as cifras aumentan de forma vertixinosa. Considero moi importante o coñecemento sobre este medio, e o coñecemento sobre como levar a cabo os nosos usos nel, quen non saiba ou non sexa capaz de controlalo debería deixarse guiar por profesionais.

Comentarios

  • Rosa Rey García

    Estou totalmente de acordo co artigo de La voz de Galicia cando afirma que moitas veces a culpa de esa adición as tecnoloxías son os propios país. Xa que na actualidade moitos pais prefiren que os seus fillos estean sentado no sofá quietos xogando cunha máquina, en vez de que se encontren o aire libre facendo máis barullo. Preocupándose exclusivamente da súa comodidade e non de cómo están a crecer os seus fillos rodeados de máquinas. Por outra parte tamén me gustaría recalcar unha das ideas que mencionaches, na que afirmas que moitos nenos non teñen con que falar e buscan refuxio en Internet. Isto paréceme unha realidade triste e cal hai que cambiar con urxencia. Se non te escoitan teus pais cando es un neno quen o vai facer?