Combatendo ao grooming

Tal e como vimos nas clases expositivas, o grooming ("estratexias que unha persoa adulta desenvolve para gañar a confianza dun menor a través de internet co fin último de obter concesións de índole sexual" (Flores, 2008), dende a proliferación das novas tecnoloxías e de internet, convertiuse nun problema de gran repercusión, sobre todo os usuarios mais novos/as.

Por este motivo, as institucións desenvolven múltiples campañas de concienciación, coa finalidade de reducir os casos e incidencia de estes problemas.

Este é o caso do vídeo que presento a continuación. Atopeino navegando polo meu facebook, e a verdade é que considero que está moi ben feito, xa que transmite claramente a mensaxe que pretende, e sen recorrer a imaxes moi explícitas, o que pode resultar moi beneficioso para todos os posibles espectadores (pola mensaxe transmitida), podendo ademais aplicalo a os usuarios de mais curta idade.

https://www.facebook.com/cimatchileoficial/videos/994841530527164/?video_source=pages_finch_trailer

Campañas deste tipo son moi importantes, xa que, como indican numerosos estudos, prodúcense moitos mais casos  de grooming en internet dos denunciados, o que, engadido ó feito de que as estadísticas xa son moi altas, nos deixan ante un panorama desolador.

Nesta liña, o estudo de Cánovas, García, Oliaga e  Aboy (2014) indica que:

"un 5.4% dos nenos de 11-12 anos de idade chateou con desconecidos, fronte ó 18% dos 13-14 anos";  "un 2.4% dos nenos de 11-12 anos de idade foi víctima de burlas, ameazas ou agresións (...) fronte a un 8.4% dos de 13-14 anos";  "o 4.1% dos nenos de 11-12 anos de idade recibiu mensaxes ou imaxes de contido sexual a través do seu terminal móbil, fronte a un 13.7% dos de 13-14 anos";  "un 0.8% dos nenos de 11-12 anos enviou imaxes súas en posturas inapropiadas a través do seu terminal móbil, fronte a un 2.4% dos de 13-14 anos" e por último "un 9.6% dos nenos de 11-12 anos recibiu mensaxes ou chamadas de adultos descoñecidos (...) fronte a un 11.8% dos de 13-14 anos".

Ante os datos anteriores, considero que campañas como a aquí presentadas son esenciais, e que deberían ser traballadas con nenos e nenas dende pequeniños, situación na que a escola ten un gran papel.

Ademáis de este tipo de vídeos, tamén hai multitude de páxinas e xogos, (como a páxina web "Pantallas amigas") que nos poden axudar a traballar este tipo de temáticas, tanto dende as aulas coma dende os fogares, e que sen dúbida axudarían a reducir drásticamente estas problemáticas.

Anímovos polo tanto a que o vexades, e a que reflexionedes sobre a importancia de usar este tipo de materiais como medio para 'poñer o noso gran de area' na resolución de estas problemáticas.

 

Bibliografía:

- Cánovas, G.; García, A. ; Oliaga, A. e Aboy, I. (2014). Menores de Edad y Conectividad Móvil en España: Tablets y Smartphones. Recuperado de: http://goo.gl/8bDZy8

-Florez Fernández, J. (2008). Grooming, acoso a menores en la red. Recuperado de: http://goo.gl/x1fQqn

 

Comentarios

  • Cristina

    Que impactante el video... Internet es un arma muy potente y, así como puede ser una fuente enorme de desarrollo, progreso, saber... puede ser una fuente total de delincuencia, y el colectivo que más afectando que puede haber es el de los más indefensos, los niños. Necesitamos educar a nuestros niños en responsabilidad y hacerles conscientes de los peligros de la red, además también debemos formar a los adultos para que sean consiceintes de estos mismos peligros, pues, en ocasiones, son ignorados por ellos desencadenándose una fuente de problemas (se ve en el video cuando la niña dice: a mi mamá no le cuento, no lo entiende y a hasta se ríe). Por esto campañas de este tipo ayudan a la concienciación y a promover la responsabilidad entre los más jóvenes y adultos.

  • Sabela Corral Álvarez

    Completamente de acordo con que internet é unha arma de doble filo, xa non deberiamos centrarnos tanto en educar nas novas tecnoloxías senón sobre as mesmas. Enlazando co tratado nas clases anteriores sobre o vídeo creo que non hai mellor forma de levar a cabo unha campaña que mediante o soporte visual. Gracias o vídeo observase a perfección como a nai está axena a todo o que a filla esta vivindo por internet e o que menos espera é que vaia quedar con alguen.Internet é unha arma nas mans dun menor pois non conta coa madurez suficiente que lle aporte a serenidade e habilidades para actuar ante certas situacións. Un menor é moi fácil de enganar e sobretodo de convencer se te escondes detras dunha pantalla.

  • Lorena Sanín

    Grazas polas vosas aportacións!

    A verdade é que non me decatara do enfoque que lle dades de que a nai vive allea ó que lle corre á filla, ben sexa por ignorancia dos verdadeiros perigos da rede ou por ignorancia das novas tecnoloxías en xeral, polo que agora me decato da importancia de ampliar a poboación obxectivo destas campañas, para que como dicides, as novas tecnoloxías e internet non se convirtan nunha 'arma de dobre fio'.