Tecnoloxía no ámbito educativo

Na clase pasada falouse acerca das políticas educativas de integración das novas tecnoloxías en institucións educativas, as cales procuraban a integración plena das TIC, incrementar os recursos existentes e o aproveitamento dos contidos dixitais. Vimos a existencia de diversos proxectos levados a cabo a nivel xeral en España, e a nivel autonómico en Galicia, dende o ano 2000 ata este último ano.

A pregunta que me fago a redor de todo isto é, ¿dita integración das novas tecnoloxías na aula realizouse de xeito equitativo? Penso que non, porque un ordenador por alumno foi so implantado en certas etapas educativas, sen que todos os alumnos dos centros públicos tivesen acceso a dito programa, foran de primaria ou de secundaria.

É certo que ditas políticas procuraron o avance das novas tecnoloxías na educación pero coido que non é suficiente o realizado ata aquí. Dita situación económica non favorece que a implantación sexa máis rápida, pero aínda así a inversión en educación debería ser o piar fundamental sobre o que centrar o desenvolvemento dun país: resaltar aquí o caso de países como Finlandia e Corea do Sur, cuxos niveis educativos son elevados,o que contribúe ao seu desenvolvemento económico.

Ben é certo que non por introducir gran cantidade de ordenadores non imos favorecer xa de por si a innovación educativa, polo que será adecuado tamén levar a cabo as medidas pertinentes para a formación do profesorado en ditas tecnoloxías. Os docentes son a peza clave para implementar ditas políticas, polo que a súa preparación debe ser o máis completa posible para desenvolver nos alumnos as competencias dixitais necesarias para a sociedade da información.

image

Na imaxe móstrase un dos problemas que ocorre en relación aos docentes: o medo a introducirse no mundo das tecnoloxías. Dita oposición ao seu uso debe ser tratada de xeito que se interesen polas múltiples posibilidades que nos ofrecen as novas tecnoloxías para os rapaces e que deixen de velas como un mero entretemento que impide a concentración dos alumnos nas súas aulas.

Fonte:

https://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/

http://www.ite.educacion.es/escuela-20

http://docente2punto0.blogspot.com.ar/2011/08/el-temor-de-los-docentes-ante-las-tic.html

Comentarios

  • sandra picos sanisidro

    La imagen que adjuntas es muy representativa, ya que si tenemos los medios peor el profesorado no está capacitado para utilizarlos o sigue utilizando la misma metodología no sirve de nada. 

    En cuento a lo que dices de la integración de las nuevas tecnología no ha sido equitativa, estoy de acuerdo contigo, se ha hecho algo pero aun queda  mucho camino por recorrer. Estas herramientas no llegaron o todo los curso e incluso no a todos los centros. 

    Muy buena entrada. Un saludo :)

  • Paula Rivas Táboas

    Estoy totalmente de acuerdo con los dos. Ni llegaron a todos los alumnos ni a todos los centros, aunque es cierto que las cosas tienen que ir poco a poco, el ritmo al que avanzan las nuevas tecnologías y como se están implanatando en el aula es muy desequilibrado. Por otro lado, como comentais, la formación del profesorado  es vital para que este avance se lleve a cabo. Muchos optan por la opción más cómoda, sentarse en la silla y guiarse por el libro de texto, en lugar de utilizar herramientas mucho más educativas y que fomentan el interés en los alumnos. Con todo esto solo deseo que los tiempos cambien  y que la educación se convierta en lo principal ante la sociedad.

  • Cristina Martínez Álvarez

    Estou de acordo con vós. Penso que estes avances non chegaron a todos os centros , moito menos de maneira equitativa e, dende logo como tamén plantexades, non se produce unha innovación tecnolóxica nas aulas tan só por introducir ordenadores e facilitar os mesmos ao alumnado. Está claro que este é un gran paso pero aínda existen moitas carencias.

    Dende o meu punto de vista, deberíase comezar formando aos docentes xa que son os principales transmisores de coñecementos (escola, para transformar procesos de ensino-aprendizaxe). A formación continua do profesorado debería ser unha prioridade tanto por parte dos centros como dos propios docentes.