Que queres ser de maior?

Miña irmá, traballou xa fai uns anos, en cuarto da ESO, coa plataforma Orienta, da cal xa ten falado Belén Quintana (http://stellae.usc.es/red/blog/view/140110/el-orientanun dos seus blogs, polo que non me estenderei moito máis. Este tipo de plataformas permiten que o alumnado poida indagar sobre as distintas opcións formativas que lles esperan ó rematar o bacharelato dende a casa, no seu ordenador, sendo isto moito máis fácil e práctico, na miña opinión. Algunhas persoas teñen claro o que queren ser, pero necesitan ter en conta distancias, pisos, notas de corte, prezos ... outros, en cambio, sumado a iso aínda non saben o que estudar, cal será a súa futura vocación. Por iso, aparte do Orienta, van aparecendo pouco a pouco no noso panorama outras plataformas que dan un pouco de orientación ó alumnado indeciso

  • Uveni (http://www.uveni.com/) é unha plataforma xestionada en Granada por Morales, Heras e Strzyz que xa está respaldado por 18 colexios. Os seus contidos son revisados por orientadores e psicólogos, dándolles ao profesorado toda a información relevante nun clic. Intentan que estudante tome as súas decisións a partires dunha análise do que quere facer.  
  • Educaweb, (http://www.educaweb.com/) unha das veteranas, dende 1998, pretenden que o alumno saiba explorar, aprender e coñecer as posibilidades que se lle presentan nun futuro; intentando descubrir en qué estudios ou profesións se ten máis potencial. 
  • LoQueQuieroEstudiar (http://www.loquequieroestudiar.es/) proporciona buscar de dúas maneiras: por graos e por saídas profesionais, no caso de que saibas que queres estudiar pero non para que sirve; ou ó contrario. Pódese utilizar, a parte de no ordenador, en iOs e Android, polo que, para min, é un avance. 
  • TodoFP, (http://www.todofp.es/todofp), xa orientada á formación profesional, pertence ó MECD, e permítelles ao alumnado ver toda a oferta formativa superior que hai en España, podendo ver as titulacións, datas de inscripción, comunidades nas que se ofertan ... 

No que a min respecta, vexo maravillosas este tipo de iniciativas, e sobre todo, super importante que, unhas ou outras, se ofrezan en todos os colexios. Eu, por exemplo, non contei coa axuda deste tipo de plataformas, e así me foi, cambiando de carreira ó pouco de empezar .. pero bueno, a orientadora do centro tampouco é que fose unha maravilla, como moitas outras desgraciadamente. Véxoas como un recurso moi decente e fiable, xa que, feito e controlado por profesionais na meirande parte de ocasións, permítelle ao alumnado que duda sobre o seu futuro poder decubrir as saídas que pode ter unha carreira e que non coñecía, ou a rama pola que tirar. Nas prácticas deste curso, no centro no que eu estaba, douse unha charla ós alumnos de cuarto da ESO de cales podían ser os seus seguintes pasos a partires de ahí. Moitos deles tiñáno claro, pero outros non. Por exemplo, unha rapaza, tiña claro que quería adicarse á rama educativa pero non sabía se tirar por primaria, infantil, pedagoxía, logopedia inluso ... polo que, o que fixen foi intentar axudala partindo de onde se vía ela no futuro, en qué posto de traballo se imaxina, e indo dende aí cara atrás. O final a cousa quedouse entre infantil e primaria, pero oes, algo xa avanzamos! 

Iso, que quen me dera a min contar con estas plataformas na miña etapa da ESO! 

Fonte principal

Educación 3.0 (2015) Cinco plataformas para elegir carrera. Recuperado o 12/05/2015 de http://www.educaciontrespuntocero.com/recursos/cinco-plataformas-para-elegir-carrera/26099.html

Comentarios

  • Ana Maria Martinez Gonzalez

    La verdad es que yo solo conocía Educaweb. En mi opinión creo que son herramientas muy útiles. Al igual que tú, yo tampoco conté con ninguna plataforma de este tipo .Sí que es verdad que en el colegio en el que yo estudie, había un programa llamado, un día laboral o algo por el estilo, que consistía en pasar un día con un profesional y conocer más de cerca cuál era su trabajo. Un iniciativa que me encanto y me pareció muy interesante, muchos de mis compañeros se decidieron gracias a ella.

     

  • Ludmila Rajoy

    Bajo mi punto de vista, el problema de nuestro tiempo en la ESO fue que no se fomentaba tanto desde dentro de las escuelas el futuro de cada uno de nosotros... Es decir, yo llegué a segundo de bachiller presionada por 6587544512 examenes, selectividad, nota de corte, etc. para pensar en dos meses qué iba a hacer con mi vida. O sea, sé que antes tienes tiempo para pensartelo con calma, ya que si estamos donde estamos es porque queremos. Pero nuestros profesores, como guías que podrían ser, no suelen incentivarte a pensar en ello.

    Buenas iniciativas, Carlis.