Libros dixitais ao ataque!

Xa nalgunhas entradas vos falei do Caderno de Estudio de aula.Planeta ou do Smartbook de McGraw Hill, pero, non son os únicos, e iso quedou totalmente demostrado na última interactiva da materia, na cal puidemos ter nas nosas mans libros de texto que se utilizan agora en primaria que contan tamén cunha plataforma ou aula virtual como servizo complementario dos mesmos. 

Adriana tróuxonos tres bloques de libros, xunto cos seus materiais compatibles coas aulas virtuais, sendo das editoriais Santillana, SM e Vincens Vives, se non me equivoco. Cada grupo clase traballou con un deses bloques, sendo Santillana co que traballamos nos. Despois de valorar as características do material, as actividades que propoñen ao alumnado e a vinculación da proposta co tratado na materia chegamos ás seguintes conclusións: 

Os libros están cheos de debuxos, coloridos e atractivos, que pemiten que o enunciado dos exercicios esté exemplificado dunha maneira máis clara. Ó contrario dos nosos libros da etapa primaria, nos que contabamos con un para todo o curso, estes están divididos en trimestres, polo que os nenos teñen que cargar con menos peso á hora de ir á escola. Aínda así, os libros de "texto" por así dicilo, seguen contando con ese papel plastificado no que é difícil escribir con lapis, e peor aínda borrar; menos mal que os cuadernillos teñen unhas páxinas adecuadas para esa labor. Un dos compañeiros aludía a que iso está feito adrede polas editoriais, para que, unha vez escritos os libros (con lápis ou bolígrafo) non se poidan reutilizar, xa que estarían completamente danados. Por outro lado, consideramos que estes libros, todos, son unha fonte de teoría e aprendizaxe dos conceptos, que se ven complementados por xogos na web para reforzar e prácticar o dito na aula. O problema, tamén, é que seguimos sumidos nunha maneira de aprendizaxe conductista, que se centra na repetición da teoría ata que a sabemos, centrada nun sistema memorístico que conleva premios e castigos. Concretamente, na miña opinión, deberiamos abandonar este tipo de ensinanza, e tentar ir cara unha ensinanza máis centrada en proxectos e nos intereses do neno, no que se poidan desenvolver todas as súas potencialidades. Finalmente, e en relación coa competencia dixital, si que nalgún dos libros e xogos complementarios, se tratan de maneira transversal os temas da seguridade ou do uso de imaxes na rede, cuestión moi imporante xa dende idades temperás. 

Dito isto, gustaríame facer un repaso polos materiais traballados, engadindo a plataforma de Anaya

Editoriais e materiais
SM http://www.primaria.librosvivos.net/ Nesta plataforma, unha vez que tes o código de acceso, podes facer unha visita polas distintas materias do curso, ordeadas por temas e mostrando xogos, problemas ou test finais para saber cómo é o teu avance 
Santillana http://www.digital.santillana.es/ Permíteche acceder a diferentes ámbitos dentro da web sendo: Aula Virtual, LibroMedia, LibroNet e o Catálogo Dixital. Igual que no anterior, necesitas uns códigos de acceso, pero os libros de texto dixitalizados que aparecen no apartado LibroMedia poden ser vistos por todos (creo). 

Vincens Vives

http://vicensvivesdigital.com/

Tamén con clave, e tendo en conta que non traballei con esta plataforma directamente, o que pretenden é incorporar as TIC ó proceso de ensinanza - aprendizaxe, ao igual que as outras plataformas. Eles proporcionan o EduBook3D, que, tamén accedendo online, che permite atopar diferentes actividades, unha biblioteca .. 

Anaya 

http://www.anayaeducacion.es/proyectodigital/

Pretende afianzar os coñecementos e motivar o proceso de aprendizaxe a través de libros dixitais (adaptados a varios sistemas operativos) permitindo tamén o traballo sen conexión a internet. Inclúe a visualización do libro, así como vídeos e actividades para reforzar os coñecementos. 

 

Como xa teño comentado cando comecei a indagar e descubrir algunhas destas plataformas, ó inicio desta materia, quedeime moi sorprendida coa cantidade de propostas que hai, e as poucas que se usan ó noso redor. Creo que acerto ó dicir que moitos dos nosos colexios de pequenos seguen estancados nas antigas metodoloxías, sen ir máis lonxe, no Manuela Rial (que aínda que non é o meu colexio fixen alí as prácticas) non contan con ningunha destas novas metodoloxías que as editoriais promoven; penso que, principalmente por falta de fondos e acondicionamento; xa que a eles tampouco chegou o de 1:1 One computer per Child. A súa aula de informática antiquísima, úsase algunha vez á semana para clase nas que sí que se realizan actividades online, pero nada que ver coa cantidade de recursos que ofrecen estas editoriais (xa sexa que hai que pagar máis ou menos por elas). O Caderno de Estudio segue sendo unha das miñas preferidas, pola súa versatilidade á hora de permitir ó titor programar os temas según el prefira, dándolles a visualización e actividades que el considere adecuadas. Aínda así, para cando nos cheguemos ó mercado laboral supoño, e espero, que este tipo de plataformas proliferen, xa que, como futura pedagoga, non podo esperar a incorporalas á miña metodoloxía de traballo! 

Podedes ver algunha pincelada de cómo traballa o caderno na seguinte imaxe interactiva: 

https://www.thinglink.com/scene/634714318356611072

Creo que xa volo planteei, pero, concebides usar este tipo de plataformas nun futuro?

Comentarios

  • Rosa Rey García

    Claro que estou aberta a incorporar estas novas metodoloxías de traballo, as cales me parecen moi interesantes e poden axudar a os profesores a traballar de maneira distinta. Ademais teño lido que os ordenadores favorecen a motivación dos rapaces, cousa que me parece importante ter en conta debido a gran cantidade de estudos que afirman que os nenos de hoxe non se concentran nin lles interesa aprender. Sen embargo, creo que estes novos recursos non se poden usar como simples substitutos dos libros de texto, senón que deben ir máis ala e superar aqueles aspectos negativos que estes posúen.

  • Belén Quintana Río

    Penso igual que a miña compañeira Rosa. Creo que todo o que ten qye ver cas tecnoloxías motiva bastante ao alumnado e aporta habilidades e aptitudes moi ricas. Sen embargo, considero que non se poden substituír os libros de texto, creo que se o fixéramos esqueceríamos outros puntos positivos que estes tamén nos otorgan. Como en case todo, volvo a secundarme na frase "no medio está a virtude".

  • Sabela Corral Álvarez

    A iniciativa do uso dos libros dixitais pareceme moi motivadora para os rapaces. Canto máis dinámicas sexan as actividades que se leven a cabo para fomentar a lectura ou facer que os rapaces se interesen por realizar os deberes benvido sexa. Considero que non deberíamos olvidar nin deixar de lado os tan miticos cadernillos rubio pero a verdade é que ahora que os máis pequenos están acostumados a xogar no tempo libro coas tablets e nas páxinas web de internet pois costaríalle menos traballo realizar as tarefas sendo dunha forma dixital e máis dinámica.

    Coma en todo pareceme importante combinar ambos recursos os dixitais e os impresos, evidentemente os rapaces farán as tarefas de mellor gana mediante os recursos dixitais, eu mesma cando estudaba en primaria e acudíamos a aula de informatica realizabamos as tarefas moito máis motivados co microsoft word que co papel e boli.