Tecnoadiccións

As novas tecnoloxías introdúcense nas nosas vidas cambiando a nosa forma de traballar, comunicarnos, etc.Unido ó auxe das novas tecnoloxías ven un concepto do que non sempre somos conscientes: a adicción(móbiles, ordenadores, videoxogos, etc. ).

Na páxina protegeles.com fálase de que para que unha conduta se converta en adicción deben darse as seguintes características, partindo da base que para eles unha conduta que produce pracer pode detonar en adicción:

  • Prodúcese un aumento dos pensamentos relativos as novas tecnoloxías cando non están conectados, pensan na necesidade de conectarse.
  • Aumento da frecuencia na que se realiza esta conduta que produce pracer deixando de lado outras actividades.
  • Quitarlle importancia ó interese que esta conduta produce, non consideran que se exceden no uso das novas tecnoloxías.
  •  Desexo constante de realizar esta conduta.
  • A conduta mantense a pesar das consecuencias negativas.
  • A conduta deixa de producir pracer e realizase para evitar o malestar que produce non levala a cabo.

En xeral a xente mantense conectada en todo momento e lugar, de día de noite, na cama, na rúa, etc. Pero en que medida estamos “enganchados”as tecnoloxías verdadeiramente?  Somos escravos dos nosos móbiles? Somos conscientes do grao en que estamos "enganchados"? Chegamos a ser verdadeiramente tecnoadictos? Ou esta “tecnoadición” non existe como tal?

Eu considero que en certa medida si o somos, non vamos a ser extremistas pero queremos estar continuamente conectados, se saímos sen móbil estamos intranquilos, estamos “obsesionados” con compartir todo e demais e o exceso non é san. Está claro que na súa xusta é unha boa conduta pero cando nos excedemos é cando aparecen os problemas. Somos a xeración que está continuamente conectada e debemos desintoxicarnos para poder educar ben as xeracións futuras e axudarlles a que empreguen de xeito eficiente, responsable e no seu favor as novas tecnoloxías. As tecnoadición xa son un feito que está presente na sociedade, diferentes asociacións como Proxecto Home empezaron a tratalas. Pero que podemos facer nós para solucionar esta problema? Na miña opinión xogan un papel moi importante os pais poñéndolles límites os nenos e non  deixándoos xogar cos videoxogos, ca tablet, vendo a televisión, etc. so pa que non molesten. E tamén son importantes os mestres que deben educar ós nenos para previr o mal uso das tecnoloxías. Os nenos deben traballar con elas, xa que son unha gran ferramenta de aprendizaxe pero tamén necesitan que se lles poñan límites. Pode que non cheguemos a ter unha tecnoadicción extremista nin moito menos pero si que estamos un pouco "obsesionados" coa tecnoloxía, e somos nós os que debemos evitar que nos afecte na nosa vida e nas nosas relacións cos demais.

Podedes atopar máis información do tema e algunha medida preventiva nas seguintes páxinas: http://www.tecnoadicciones.com/02-que-son.php#

http://www.madrid.org/cs/Satellite?cid=1354332892817&language=es&pagename=PortalCiudadano%2FPage%2FPCIU_contenidoFinal

Comentarios

  • sandra picos sanisidro

    Como tu bien dices todo en exceso es mal. y es aquí donde nosotros, los pedagogos, tenemos nuestro papel. en enseñar a utilizar las redes sociales, las nuevas tecnologías en equilibro. 

    Muy buen entrada, es un tema muy interesante

    Un saludo.