Proxecto Abalar

Fai uns días, botándolle un ollo a El Correo Gallego, atopeime con este titular: “La Xunta prevé que 30.000 alumnos usen libros digitales en 2017”.Neste artigo comentábase que o Goberno galego aprobou a Axenda Dixital coa que traballará ata o 2020 incorporando máis tecnoloxía ás aulas e potenciando os libros de texto dixitais.

Xunto con isto, tamén anticiparon a posta en marcha do plan de inclusión dixital para pasar da alfabetización á madurez dixital.

Posteriormente, logo da clase expositiva do 5 de maio, decidín indagar un pouco máis sobre a tecnoloxía educativa en Galicia, o que corresponde indagar sobre o Proxecto Abalar.  

Este, ten o seu obxectivo na integración plena das TIC na educación en Galicia. Para isto trata de dotar a todos os alumnos dun ordenador, a partir de 5º de primaria. Este ordenador será un “ultraportatil”, lixeiro, de tamaño reducido, evita que os nenos teñan que forzar a vista,... Ademais, tamén se proporcionará un portátil por aula para o uso dos docentes, unha pizarra dixital interactiva, un proxector, un armario para a carga dos equipos e unha rede wifi.

Gustaríame destacar que me chamou a atención que no apartado de contidos educativos, os recursos da plataforma coa que contan os profesores e alumnos ten licencia Creative Commons para empregar no traballo co alumnado e en proxectos didácticos e educativos. Desta maneira, hai un movemento de recursos, sendo libre e gratuitos.

Persoalmente, considero que aínda que o Proxecto Abalar se sitúe dentro do marco da educación galega, non se adecúa por completo á poboación galega, concretamente á do rural. Qué pasa cos nen@s que non dispoñen dun ordenador na casa? Qué pasa cos nen@s que non dispoñen de Internet no fogar?

Creo que esta nova posibilidade dentro das escolas de adaptarnos o mundo actual por medio das novas tecnoloxías deixa de lado ós alumnos que non poden permitirse estes recursos, tanto por motivos económicos como xeográficos.

Isto, pode crear unha nova brecha dixital dentro do sistema educativo galego, proporcionando máis oportunidades ós alumnos que poidan traballar con estes recursos educativos no fogar. Qué pasa se un profesor pide completar un exercicio de busca de información no fogar e ese alumn@ non dispón de Internet?

Dende o meu punto de vista considero que é necesario investir neste aspecto, dotando das mesmas posibilidades ós alumnos dentro e fóra do centro educativo.

Para finalizar, deixovos aquí un vídeo que explica sinteticamente este proxecto:

 

Comentarios

  • Sabela Corral Álvarez

    Moi boa iniciativa o Proxecto Abalar pero considero que antes de desenvolver un proxecto deste estilo deberíanse realizar un sondeo ou investigacións para contar coa seguridade de que pode chegar a toda a poboación. Recordo que cando comezou o fenómeno das TICS a vez que a súa difusión aparecio o debate da brecha dixital que considero que está bastante ligado con iso que comentas do acceso dos nenos do rural. Ao inicio da implantación dos mesmos, creíase que existía un certo retraso nalgúns sectores sociais e colectivos pero que este se superaría co tempo grazas a maior dispoñibilidade de ordenadores e conexións a internet. Persoalmente anos despois, siguen existindo estas desigualdades que considero  que persistirán e que irán en aumento.

    Deberíamos de atender antes de levar a cabo estes programas o acceso ós equipamentos de toda a poboación coma da utilización e a comprensión das que xa se atopan ó noso alcance.