O Programa Escuela 2.0

O Programa Escuela 2.0 foi o derradeiro proxecto de integración das TIC nos centros educativos, cuxo obxectivo foi poñer en marcha as aulas dixitais do século XXI, aulas con disposición de infraestruturas tecnolóxicas e de conectividade. Levouse a cabo no ano 2011 a través do Instituto Nacional de Tecnologías Educativas y de Formación del Profesorado, pertencente ao Ministerio de Educación, Cultura e Deporte. Este programa baséase nos seguintes puntos:

  • Aulas dixitais: Dotación de recursos TIC ao alumnado e aos centros como son ordenadores portátiles para alumnado e profesorado e aulas dixitais con dotación eficaz estandarizada.
  • Garantir a conectividade a Internet: Ademais dunha interconectividade dentro da aula para todos os equipos. Posibilitar o acceso a Internet nos domicilios do alumnado en horarios especiais.
  • Promover a formación do profesorado tanto nos aspectos tecnolóxicos como nos aspectos metodolóxicos e sociais da integración destes recursos na práctica docente cotiá.
  • Xerar e facilitar o acceso a materiais dixitais educativos axustados aos deseños curriculares tanto para o profesorado como para o alumnado e as súas familias.
  • Implicar ao alumnado e ás familias na adquisición, custodia e uso de estes recursos.

Os procedementos centráronse, na primeira fase, no terceiro ciclo de Educación Primaria, comezando o curso 2009-10 no curso 5º de Primaria en tódolos centros sostidos con fondos públicos e, posteriormente, estenderíase ao 6º curso de Primaria e aos dous primeiros cursos da ESO.

A formación do profesorado implicado no programa, así como dos técnicos que serán responsables do apoio técnico, era fundamental para o éxito da iniciativa; a formación contemplaba entre os seus contidos os aspectos metodolóxicos e de xestión dunha aula dotada tecnolóxicamente e do propio de funcionamento do equipamento da aula. Destacar o coñecemento e a xeración dos materiais dixitais de carácter xeral e de carácter específico educativo que van a constituír as ferramentas habituais do profesorado e do alumnado. Para isto o Ministerio, a través deste Instituto, ampliou a oferta dos seus cursos na Rede sobre instrumentos TIC e os seus aspectos metodolóxicos, de experimentación e innovación.

Prodúcense varios congresos para dar continuidade uns a outros e poder culminar así a formación, deste xeito, o primeiro congreso ten como finalidade proporcionar un marco de encontro do profesorado participante no programa Escuela 2.0, de responsables educativos das distintas comunidades e cidades autónomas e de profesionais e empresas vinculadas ao ámbito das TIC en educación; os congresos posteriores teñen como finalidade realizar unha avaliación do desenvolvemento do programa nestes dous cursos, valorar o impacto do mesmo no proceso de modernización do sistema educativo e proporcionar un marco de encontro aos profesores e responsables das administracións educativas participantes no mesmo.

Ditos congresos lévanse a cabo no ano 2011, en Madrid, Granada e Zaragoza, sendo partícipes quince das dezasete comunidades autónomas e as cidades autónomas de Ceuta e Melilla. No primeiro congreso a finalidade é proporcionar un marco de intercambio de experiencias entre os profesionais de tódolos ámbitos educativos das diferentes comunidades e cidades autónomas.

Os obxectivos neste son os seguintes:

  • A presentación e difusión de experiencias de aula desenvolvidas nos centros de Primaria e Secundaria sostidos con fondos públicos ao amparo do Programa Escuela 2.0.
  • Debater sobre a formación na rede do profesorado no marco do Programa.
  • Presentar as novidades en innovación metodolóxica e tecnolóxica relacionadas co Programa Escuela 2.0.
  • Difundir as aportacións dos participantes no congreso.

Os destinatarios destes son o profesorado dos centros de Ensinanza Primaria e Secundaria sostidos con fondos públicos de comunidades e cidades autónomas participantes no programa Escuela 2.0, os responsables TIC das CC.AA, os responsables e especialistas de formación do profesorado das Administracións de tódolos ámbitos educativos, as empresas dedicadas á comunicación e ao desenvolvemento de ferramentas e materiais educativos dixitais. Os asistentes son seleccionados por cada Comunidade Autónoma en función do número de prazas que se lles outorgaran.

No segundo congreso as actividades estarán en torno á presentación e o intercambio de experiencias desenvoltas nas aulas dixitais ao longo destes dos cursos de posta en marcha do programa, sendo tamén desenvoltos foros de reflexión e mesas redondas sobre temas fundamentais do programa e as súas implicacións educativas e sociais e obradoiros sobre aplicacións e proxectos relacionados coa integración das TIC no ámbito escolar.

Os obxectivos, deste congreso resúmense nos seguintes:

  • Presentar, intercambiar e difundir experiencias prácticas de aula desenvolvidas nos centros de Primaria e Secundaria participantes no Programa Escuela 2.0 das distintas CC.AA. e cidades autonómicas.
  • Reflexionar e debater sobre os aspectos máis relevantes do programa Escuela 2.0: contidos dixitais, formación do profesorado, implicación das familias, organización escolar e innovacións metodolóxicas.
  • Debater sobre os cambios nos roles de profesores e alumnos no proceso de integración das TIC na aula.
  • Presentar as novidades e liñas de futuro de materiais, innovación metodolóxica e desenvolvementos tecnolóxicos relacionados co Programa Escuela 2.0.
  • Publicar e difundir as apartacións dos participantes do congreso.

Os destinatarios son, a semellanza que no anterior, o profesorado dos centros de Ensinanza Primaria e Secundaria sostidos con fondos públicos de comunidades e cidades autónomas participantes no programa Escuela 2.0, os coordinadores TIC e cargos directivos de centros educativos, os responsables TIC das CC.AA, os responsables e especialistas de formación do profesorado de tódolos ámbitos educativos e os profesionais vencellados ás TIC no mundo educativo.

Dous cursos despois da realización do primeiro congreso, cerca de 650.000 alumnos do terceiro ciclo de Educación Primaria e do primeiro ciclo da ESO dispuxeron dun ordenador portátil como instrumento de aprendizaxe, puxéronse en funcionamento 30.000 aulas dixitais, máis de 160.000 profesores participaron en actividades de formación relacionadas coas TIC e déuselle un notable impulso á produción e utilización de contidos educativos dixitais tanto polas administracións educativas como pola industria editorial.

No terceiro congreso, as actividades estiveron en torno á presentación e ao intercambio de experiencias desenvoltas nas aulas dixitais ao longo destes dous cursos de posta en marcha do programa, desenvolvéranse tamén obradoiros e mesas redondas sobre os aspectos máis relevantes do programa e as súas implicacións educativas e sociais. Presentárase a nova versión do repositorio de contidos dixitais AGREGA2 e o primeiro avance de resultados dun estudo comparativo sobre a implantación e o desenvolvemento do Programa Escuela 2.0 nas diferentes comunidades autónomas, estudo realizado por investigadores de diversas universidades de todo o estado español.

Os obxectivos neste terceiro congreso foron:

  • Presentar, intercambiar e difundir experiencias prácticas de aula desenvolvidas nos centros de Primaria e Secundaria participantes no Programa Escuela 2.0 nas diferentes CC.AA. e cidades autónomas.
  • Reflexionar e debatir sobre os aspectos máis relevantes do programa Escuela 2.0: contidos dixitais, formación do profesorado, implicación das familias, organización escolar e innovacións metodolóxicas.
  • Debater sobre os cambios nos roles de profesores e alumnos no proceso de integración das TIC na aula.
  • Presentar as novidades e liñas de futuro de materiais, innovación metodolóxica e desenvolvementos tecnolóxicos relacionados co Programa Escuela 2.0.
  • Publicar e difundir as aportacións dos participantes no congreso.

Estes congresos que deron a posibilidade e oportunidade de recibir a formación pertinente aos docentes foron ademais unha experiencia de intercambio entre os mesmos de reflexións, inquedanzas e vivencias con e a través das TIC e do seu alumnado; a modo de reflexión persoal resultoume de gran interese a impartición desta formación, pero non se pode quedar aí, xa que en moitos casos o profesorado ou non recibe a suficiente e axeitada formación e información, ou posteriormente non dedican o aprendido aos seus procesos da vida cotiá nos centros. Ademais, un dos obxectivos deste programa era o de facilitar esta formación antes de que os centros foran dotados dos equipamentos tecnolóxicos, pero debería de enfocarse isto cara a un continuum, quero dicir que non só é necesario a formación previa, senón a total disposición cara a estes profesionais por parte da Administración de servirlles de apoio constante en posibles problemas que poidan xurdir ou mesmo en facilitarlles co paso do tempo novas pautas formacionais.

Recuperado de: http://www.ite.educacion.es/es/escuela-20

Comentarios

  • Sabela Corral Álvarez

    Xa tiña coñecemento do programa da Escola 2.0 de feito unha das entradas que elaborei trataba este tema. Pareceme unha moi boa iniciativa fundamentalmente porque a pesar de que todos somos conscientes do importante que son as novas tecnoloxías como recurso educativo, olvidamonos de que se non vai acompañado dunha boa formación sobre as mesmas por parte dos profesionais de nada serve.

    Tamen considero moi productivos os congresos, sobretodo nos que os profesionais comparten experencias, pois creo que describindo o acontecido neste ámbito é cando máis poden aprender uns dos outros.Algo que non aparece na maioría dos documentos que trataban o tema das TICS era a continúa formación do profesorado. No que a novas tecnoloxias se refire e concretamente as TICS considero funamental que cada profesional se vaia actualizando nas continuas modificacións que leva intrinsicas este mundo dixital.

  • Borja Lapido Tubío

    Tes moita razón Sabela, de aí os problemas que se palpan moi comunmente nos centros, o tema ao que me refiro e que tí nomeas aquí que é o da formación contínua do profesorado, pois en moitos casos esa formación ten que ser por iniciativa propia e fora do ámbito educativo, e niso moitos docentes erran xa que non se ven "necesitados" desa formación ou pensan que con saber un par de cousas lles chega, deberíase, na miña opinión, buscar mais alicientes ou motivacións para que estes sexan realmente conscientes da necesidade e importancia que ten o dominio das TIC no ámbito educativo, xa que hoxe en día non hai nada que evolucione mais nin se actualice con maior velocidade que todo o relacionado ca tecnoloxía.

    Grazas pola túa opinión e reflexión sabela. Un saúdo.