Un debate difícil de montar

As sesións do 7, 13 e 14 de marzo teñoas recollidas dun xeito incompleto, dado que das tres sesión soamente asistín á central, o día 13 de marzo.

Esta sesión do 13 de marzo, pilloume moi despistada, dado que a profesora mandara ler uns textos que publicara no grupo de traballo da asignatura, e eu non o vira, de xeito que nin sequera sabía de qué estaban a falar. 

Por sorte, a clase comezou con algo que eu sí sabía: unha revisión dos modelos de asesoramento confrontados aos modelos de orientación.

A profesora propón que nos poñamos na sua pel, e digamos xeitos de analizar os textos en conxunto. 

Un grupo propón varios xeitos: o primeiro cun grupo quen fala e outro que escoita. O segundo cunha comisión que escoita e alguen que fala, o que fala e a comisión rotan, isto axuda a asumir roles para interpretar os textos (profesor, asesor, orientador. Repartir  os textos e formar un debate (un grupo ataca as ideas expostas e o outro o defende) Facer grupos pequenos que formulan preguntas, o asesor escolle preguntas para completar a información.

A profesora elixe unha mezcla de varias desas propostas: en primeiro lugar elaboramos unhas preguntas de información básica sobre o texto (de que trata, como se estructura e como o aborda ), en segundo lugar qué preguntas lle faríamos aos autores sobre os textos, e en terceiro lugar unha reflexión persoal sobre isto. Ademáis combinamos os círculos de Heisenger coa comisión de criticos (o primeiro círculo son os que expoñen, segundo os que escoitan e o terceiro os que analizan as interaccións).

A miña impresión é que propoñer esta actividade tan complexa sen experiencia nin preparación previa é un pouco arriscado. Unha compañeira propón xustamente esta idea,e a profesora suxire intentálo de todos xeitos e ao día seguinte retomalo. O primeiro punto do debate é a diferencia entre especialista e experto. O principal problema neste debate xurdido é que non temos un esquema claro do que fala o autor. Xurde unha dúbida, ¿qué modelos propón?Habería que especificar un pouco non só os modelos, senón tamén os contextos nos que se propuxeron ou propoñen. 

Decídese deixar o debate para o día seguinte, e a profesora pide que se traballe mellor sobre os textos.

Ao remate da clase, falo coa profesora e explícolle a miña situación. Ante a miña imposibilidade de asistir á clase ao día seguinte, ela suxíreme elaborar a miña actividade nunha entrada do blog do grupo da asesoramento. Así o fixen, como se pode ver nese grupo.