Clases incomunicadas

Durante as clases que fomos tendo ao longo do curso, un tema recurrente foi o uso das novas tecnoloxías como medios de comunicación. Como podemos ver perfectamente cada día a día, o mundo está perfectamente comunicado entre sí como nunca antes estivera. Se queremos falar con alguén a distancia xa non é un impedimento, mediante chamadas telefónicas, videoconferencias ou mensaxes de texto podemos contactar con calquera en cuestión de segundos, cando isto fai uns anos houbera requirido de máis tempo e sobre todo máis medios.

O sector da comunicación da un paso máis nos últimos coa chegada das redes sociais á nosa sociedade. Xorde un novo espazo de socialización e as formas de socializar tamén cambian. Por outro lado redes como Twitter permiten expresarse de forma rápida e sinxela, e vese como xorde nela o poder de transmitir ideas a unha gran cantidade de xente.

No mundo actual todo está conectado, e esa interconexión facilita en gran maneira o noso día a día. Sen embargo compre preguntarse unha vez máis se a educación está a avanzar de maneira conxunta coa tecnoloxía e se lle está a sacar todo o proveito que debería.

O certo é que unha vez máis a resposta é non. Por desgraza o sector educativo soe pecar de individualista. No sector escolar os centros soen estar bastante illados uns dos outros, e mesmo dentro deles a cooperación entre profesores non é o que debería ser.

O problema está na idea que se ten dos centros, a cal soe consistir en velos como organismos autónomos que funcionan por si mesmos baixo unhas directrices que lles chegan de organismos superiores, en lugar de velos como pezas dun mesmo sistema con unha serie de obxectivos comúns. Por outra parte, o feito de que algunhas veces se fomentara a competitividade entre centros premiando aos que obtiveran mellores resultados tampouco axudou a crear conciencia colectiva.

O caso é que este individualismo está a lastrar o avance da educación. Como exemplo só se tería que imaxinar un traballo en grupo nunha clase, no cal os membros do grupo traballaran pola súa conta pero sen falar entre eles nin ensinar nada do que fixeron aos seus compañeiros. Unha vez rematado o traballo cada un entregaría a súa parte, sen ningún tipo de cohesión entre elas e de difícil comprensión. Tal vez se poidera sacar algo de ese traballo, pero o resultado en relación ao tempo e aos recursos invertidos sería de risa.

Pois isto é o que moitas veces fan os centros educativos do noso sistema escolar. Néganse a compartir os seus resultados ou a abrirse para recibir axuda de outros centros. Mesmo en centros cercanos entre eles a cooperación a veces é nula, e sendo esta a era das telecomunicacións é unha lástima que non se lles poida sacar máis partido neste tema.

Xa sexa para intercambiar resultados, buscar solucións conxuntas, aconsellarse entre si ou simplemente para realizar actividades. No ámbito universitario vemos como esto é algo máis extendido, por que non aplicalo tamén ao ámbito escolar?

Por outra parte tamén sería moi bo para os alumnos poder comunicarse e coñecer aspectos doutros centros e lugares. Nunha das entradas que subín con anterioridade fixen mención a un proxecto no cal os alumnos se podían relacionar con outros alumnos doutros países grazas a un xogo de mundo aberto.  Isto é unha vantaxe e permite aos alumnos establecer novas relacións e coñecer novas culturas, así como practicar idiomas.

Para facer isto xa se teñen os medios, tamén os coñecementos necesarios e sábese que pode resultar moi beneficioso, agora o único que falta é a iniciativa.