Libros dixitais

Durante a ultima sesión interactiva estivemos traballando sobre os libros tradicionais que empregan actualmente os rapaces nas aulas e o complemento de tales libros en formato dixital.

Ditos libros dan unha especial importancia á figura das imaxes, tentando expresar os contidos de xeito visual, sen que exista unha dependencia tan grande das palabras. Ademais ditos libros teñen o seu homólogo dixital, que no caso da editorial Vicens Vives, está máis destinado a actividades de reforzo a través dos xogos, quedando a explicación teórica dos contidos para o libro en formato papel.

Dita combinación de ambos soportes parece interesante, posto que os nenos séntense máis motivados de cara a aprendizaxe mediante o emprego das novas tecnoloxías e do xogo como metodoloxía de aprendizaxe.

Pero dita incorporación das novas tecnoloxías ¿está provocando un cambio no modelo de aprendizaxe ou consiste na aprendizaxe tradicional baseada na repetición? Como ben nos explicou a profesora, o modelo dixital consiste na aplicación a través de xogos daqueles contidos que se imparten a través do libro en papel, polo que se dá unha reprodución dos contidos traballados, soamente que se empregan novos medios. Polo tanto ¿Por qué non empregar as novas tecnoloxías como soportes do cambio nos modelos de aprendizaxe?  Se as novas tecnoloxías fomentan o interese dos alumnos por aprender, deberíase fomentar estratexias de aprendizaxe nas que predomine a creatividade dos alumnos, establecer nexos de unión con outros membros, creando ambientes de traballo colaborativos….

 

image

Fonte:

https://recursosparaprofes.wikispaces.com/Editoriales+online

http://www.vicensvives.com/vvweb/view/pages/p01/load.php?id=291