Os cambios sociais da sociedade da información á sociedade do coñecemento

Como unha das derradeiras entradas ao Stellae retomar un argumento do que falara en anteriores entradas, o relativo ás sociedades da información e do coñecemento.

Ao longo da materia fóronse comentando que as tecnoloxías da información TIC foron transformando a realidade social e cultural da civilización humana dando lugar a unha nova era de cambios en moitos ámbitos do coñecemento, por iso quero reflexionar sobre os cambios sociais que estas supuxeron e as novas realidades culturais as que a súa expansión provocaron.

Os conceptos de “sociedade da información” e ”sociedade do coñecemento” aínda que con certa semellanza pero atópanse distanciados no fondo, están vinculados á 3ª revolución industrial de mediados do s.XX supoñendo a expansión das novas tecnoloxías coas TIC á fronte, podendo dicir que as semellanzas aí se deteñen, xa que o impacto das TIC na sociedade foi de tal importancia que propiciou importantes cambios culturais, económicos e sociais supoñendo o xurdimento de un novo modelo de sociedade, e con el un novo debate en torno a este modelo.

Denominando a sociedade actual como “sociedade da información” centrámonos no seu aceso a grandes cantidades de información, poñendo énfase na tecnoloxía e establecendo unha diferenciación entre os que teñen as habilidades e os medios para interpretar e empregar axeitadamente esa información e os que non. Así pois, ese termo non supón unha perspectiva integral do impacto social das TIC, por iso considero que o termo de “sociedade da información” sería axeitado para os inicios do uso das TIC na sociedade pero non expón a forma correcta da súa situación actual nin do seu uso.

Polo contrario, o termo “sociedade do coñecemento” amosa a dispoñibilidade de coñecemento, o cal denota unha democratización ao aceso e interpretación axeitada para a xeración de coñecemento compartido, introducindo o concepto de xeración colectiva e unha filosofía de compartición aberta deste coñecemento. Sendo na sociedade do coñecemento o conxunto de cidadáns dixitais os que interpretan a información e xeran coñecementos destinados á contribución do benestar de individuos e comunidades así como potenciadores das dimensións sociais, éticas e políticas da súa utilización. Por isto a sociedade do coñecemento outorga un rol protagonista á educación como instrutora no aceso e interpretación axeitada da información así como o seu asentamento nunha conciencia dixital orientada á colaboración e o espírito crítico e construtivo.

Para facilitar a comprensión das diferenzas entre ambos conceptos expoñerase un escenario no que o noso suxeito de estudo ten a súa disposición gran cantidade de datos pero que sen os coñecementos axeitados son case inútiles para el, sendo este o exemplo da sociedade da información, unha alta dispoñibilidade de información e aceso discriminado de coñecemento e aproveitamento desa información; por outro lado, nunha sociedade do coñecemento ben desenvolta existirá unha conciencia global e comunitaria de coñecemento compartido, polo que se terá a disposición as conclusións de diferentes perspectivas da información dispoñible, eliminando esa situación anterior de discriminación en torno aos coñecemento. Sendo na sociedade do coñecemento cando se espera do suxeito que realimente á comunidade co seu propio coñecemento produto da aplicación real da que tomou da comunidade. Apréciase así que ambas sociedades son opostas.

É unha realidade a sociedade do coñecemento? Como se expuxo anteriormente, hai unha gran diferenza entre ambas sociedades pero a pregunta é se realmente vivimos nunha sociedade do coñecemento, sendo unha resposta global o non pero visualizándoa mais a longo prazo podería dicirse que se está traballando niso.

O vivir nunha sociedade do coñecemento conlevaría que tódolos individuos serían partícipes no aceso e uso das TIC así como da xeración e compartición do coñecemento colectivo dentro dun proceso continuo e interactivo beneficioso para todos, supoñendo o pleno desenvolvemento dunha intelixencia colectiva descubrindo o potencial que agocha a humanidade. Dita situación non é unha realidade e está bastante alonxada de selo si temos en conta a existencia de grandes segmentacións da poboación global que nin sequera teñen aceso as TIC, pero podemos afirmar que a cultura do coñecemento aberto tivo en internet un dos seus maiores benefactores .

A educación e a sociedade do coñecemento.

A conceptualización feita ata agora da sociedade do coñecemento como entorno de aprendizaxe e xeración de coñecemento orientado á mellora da calidade da vida de tódolos implicados recorda ao rol da educación como potenciadora do completo desenvolvemento do ser humano, podendo dicirse que a sociedade do coñecemento é o resultado do xurdimento dunha conciencia social colectiva que a través das TIC como impulsoras potenciando a intelixencia colectiva.

Non é dicir que non existise a intelixencia colectiva antes da aparición de internet, senón que na actualidade vese tan enormemente potenciada que as transferencias de coñecemento que fai apenas décadas eran lentas e laboriosas, cousa que hoxe en día suceden de forma moito mais lixeiras. Sen embargo, dende a explosión das TIC a civilización viviu un período de importantes progresos tecnolóxicos e de interacción social e integración de tódolos campos do coñecemento. Antigamente moitos campos do coñecemento permanecían illados en gran medida a pesar de estar estreitamente relacionados, illamento que provocaba o redescubrimento común de fenómenos xa estudados tempo atrás ou que diferentes grupos de traballo non se puidesen beneficiar mutuamente dos seus avances.

Persoalmente considero que queda moito percorrido ata chegar á situación ideal á que deberíamos aspirar no relativo á compartición e xeración colectiva de coñecemento, pero actualmente a permeabilidade crecente entre diferentes campos do coñecemento está supoñendo un dos axentes que fagan avanzar a humanidade. Quero dicir que trasladar á sociedade conceptos de diversidade e traballo colaborativo propios das contornas educativas supón potenciar o desenvolvemento colectivo da mesma de forma semellante ao que ocorre con individuos no seo da aula.

As TIC abren camiños nas aulas que implican novos retos como calquera outro avance ou cambio, sen embargo, mais que velas como un axente estraño debemos entender que xogan un papel vital para a consecución de ver cumprida a aspiración de facer esvaecer as fronteiras entre as contornas educativas e a súa contorna física e social.