Sen conexión á web USC

Dende o pasado venres, a web da USC non se atopa dispoñible para os alumnos e alumnas debido ós traballos de mantemento que supostamente rematarían as 19:00 dese mesmo día. A día de hoxe, a diapoñibilidade segue sendo nula e o período de exames xa deu comezo para todos os estudantes.

Deste xeito, os estudantes non podemos acceder ó campus virtual, non se pode empregar o wifi da facultade, non podemos consultar os horarios dos exames ou calquera outro tipo de información que precisemos e sobretodo, non se pode contactar cos mestres xa que os seus correos dependen dos servizos da web da USC.

Por mor disto, dende Comités Abertos de Compostela, levouse a cabo unha recollida de firmas para deixar claro o descontento de moitos estudantes co acontecido nestes días. Os traballos de mantemento pódense realizar noutras datas, sen que se perxudicase á vida dos estudantes no período inicial de exames. Deixo aquí o enlace:

https://docs.google.com/forms/d/1tk_QUP3_mW4ufo95r4jhNJb4tODuuSZVUmp11ZOndM0/viewform

 

Comentarios

  • Ana Morala Escobar

    Lamentable que llevemos sin Wifii en el campus ni acceso a las plataformas de la USC desde el viernes en esta época del curso! Gracias por compartir el enlace!

  • Almudena Alonso

    Grazas por compartir Elisa. Parece que a situación non se vai a arranxar ata o mércores 20 , esperemos que nesa data xa estea todo solucionado.

  • Selene

    Ademáis hai aínda moitos alumnos aos que lles pode traer consecuencias nas súas notas por non ter entregado traballos finais, exercicios...
    Moitas gracias polo enlace!
    Ao final era ben sabido que sen as novas tecnoloxías se nos fai difícil vivir! :)