Carta á tecnoloxía e a materia de Tecnoloxía educativa

Como peche final do curso para o meu blog decidín facerlle outra carta á tecnoloxía e a materia de Tecnoloxía educativa.

Naquela primeira carta que fixen a principios de curso resumía a nosa relación na seguinte oración "ti a min non me caes ben e eu a ti tampouco" debido a falta de coñecemento, pois sempre temos problemas aínda que son consciente e cada vez máis da súa importancia para poder desenvolverse nun mundo cada vez máis informatizado. Analizando os pros e os contras sobre a súa utilización contemplo un abanico de vantaxes mentres que o inconvinte máis destacado é o mal uso que a veces lle damos converténdose como dixera en dita carta nunha prologanción do noso corpo do que sen el non podemos vivir.

Gracias a materia de tecnoloxía aprendín moitos usos que lle podía dar a tecnoloxía dos cales non tiña coñecemento como son aplicacións para a ensinanza, o que era a narrativa transmedia, a curación de contidos, o uso das imaxes e vídeos en educación, a infografía, creative commons... e por outra banda decateime que é un ámbito moi amplo que temos que descubrir e que a materia nos abre as portas.

Os meus obxectivos eran ao comezo da materia aumentar o meu coñecemento sobre as tecnoloxías e en concreto da tecnoloxía educativa, coñecer diferentes ámbitos nos que se pode traballar e mellorar a educación mediante a tecnoloxía, manexar distintos recursos que aprendéramos na materia e por último ter unha visión máis crítica sobre a utilización das novas tecnoloxías nos diferentes contextos educativos. Creo que baixo a miña perspectiva, superei os obxectivos propostos propios e os da materia.

Outro obxectivo que me propuxera foi collerlle cariño a asignatura para levala mellor e nun principio foi así aínda que tras a decepción da primeira avaliación e non acabar de entender as razóns dos resultados sentinme un pouco frustrada polo que espero sentirme mellor coa seguinte avaliación. Considero a rede social stellae como unha boa ferramenta para utilizar nesta materia pero creo que para iso debería ser nun cuatrimestre máis largo ou nunha asignatura anual para poder seguir con máis claridade o noso proceso de aprendizaxe a través de tutorias para un maior nivel de aprendizaxe e tamén polas horas dedicadas detrás de cada publicación e comentarios. Ademais que como inconvinte que lle vin a rede foi que as persoas que non temos os medios suficientes (sexa portátil, ordenador, acceso a internet...) dificultounos o traballo xa que non podíamos acceder a rede todos os días nin constantemente polo que centrábame máis a utilizar a rede nos fins de semana, pero tampouco é nin quero que serva de escusa pois tamén estivemos bastante atareados con traballos doutras materias polo que realizei un último esforzo no mes de maio. A medida que foi pasando o tempo fun progresando no stellae pois nas primeiras publicacións non publicaba nada en amigos sen pedirlle opinión a alguén, co transcurso dos días fun eliminando esa dependencia pero non  logrei poñer todas as miñas publicacións para todos ou logueados xa que me sentía máis segura entre amigos. Creo que dominei a rede xa que o principio solo subía entradas de blog e acabei subindo arquivos, vídeos, imaxes, marcadores, algún post,... e interaccións que realizei cos meus compañeiros polo que estou agradecida que valorasen o meu traballo e por suposto eu valoro o deles e outro aspecto importante é que puidemos aprender uns dos outros entre iguais mediante un traballo colaborativo aumentado o stellae.

Como conclusión, quero deixar constancia do útil que me parece a materia dentro da nosa carreira de pedagoxia e das demais carreiras de ciencias de educación pola súa utilidade e que o aprendido nela como por exemplo a curación de contidos nos axudaron e espero que nos axudarán a superar outras materias. Unha experiencia  grata que espero ter superado e seguir avanzando.