• Blogs
  • Borja Lapido Tubío
  • O noso Storytelling: A competencia informacional en alumnos de 1º ano de Grao de Pedagoxía: O caso...

O noso Storytelling: A competencia informacional en alumnos de 1º ano de Grao de Pedagoxía: O caso de Dani

 

A competencia informacional en alumnos de 1º de Grao en Pedagoxía: o caso de Dani from borja lapido tubio on Vimeo.

Este é o vídeo que realizamos o grupo composto por Álex Padín García, Nuria Parada Ferreiro, Borja Iglesias Nieto mais eu, baseado na temática das competencias informacionais nos alumnos de 1º ano que cursan esta carreira.

Pois ben, o que quixemos expoñer con este vídeo foi a idea de amosar como un "suposto" alumno de 1º ano realiza os seus traballos e os procesos polos cales pasa, mostrando unha crítica cara unha labor mal realizada e as súas evidentes consecuencias; para rematar o vídeo pensamos que a opinión acerca do tema dunha docente sería unha boa maneira de darlle esa importancia que o tema se merece. Durante a realización e montaxe do vídeo fomos reestruturando a escenografía en relación ao Storyboard, simplemente iso xa que a idea principal é a mesma.

Como reflexión sobre o mesmo dicir que non é unha tarefa tan doada como pode parecer sendo vídeos de escasos minutos, polo menos para mín, xa que acabei desenvolvendo unhas pequenas capacidades para grabar as escenas, montar os videos e enlazalos e engadirlle tanto os textos, os efectos e mesmo os efectos sonoros, isto sempre axudándonos uns membros do grupo ou outros.

Como conclusión darlle as grazas a todos e todas as que nos axudaron a facer posible este vídeo e dicir que o resultado paréceme satisfactorio.

Comentarios

  • Álex Padín García

    Como complemento a la explicación que presenta Borja, destaco además los diferentes cambios que ha sufrido el vídeo. En primer lugar la posible idea era crear dos perspectivas: por un lado un chico que supiese recoger y elaborar su información de manera eficaz y por otro lado un chico que no hiciese absolutamente nada pero, debido a la cantidad obstáculos para montar ese vídeo, nos decidimos por un sólo chico con las dos historias entremezcladas. 

    Destacar, por otro lado, que todos los recursos de audio han sido sacados de http://recursostic.educacion.es/bancoimagenes/web/. Los diferentes audios nos han servido para complementar adecuadamente cada escena del vídeo, haciendo más sencilla su elaboración. De todas formas, sería interesante poder ayudar en la ampliación de la página web presente, para poder crear audios más específicos.

    De lo que se trata, por tanto, no es de exponer el caso como tal, sino hacer hincapié en la necesidad de mostrar que mediante un buen proceso de elaboración, curación y creación de información, se puede llegar a asentar una muy buena base del conocimiento.