O auxe do e-learning nas últimas décadas posibilitou a creación dun sistema de xestion do aprendizaxe ou Learning Managment System (LMS). Este, permite organizar e distribuír materiais, crear foros de discusión e realizar titorías, seguimentos e unha posible avaliación. Actualmente, moitas institucións visualizan isto a través dun Campus Virtual, como pode ser o caso da USC.
Os LMS aportan importantes ferramentas o proceso educativo como son as ferramentas de xestión e distribución de contidos (por exemplo, os apuntes dunha materia), ferramentas de administración de usuarios, ferramentas de comunicación (chats, foros,...) e ferramentas de avaliación e seguimento.
Persoalmente, esta última ferramenta non a empreguei ata o momento en ningún sistema deste tipo. Os mestres que fan uso do Campus Virtual da USC (que dentro dos LMS considero que foi co que máis contacto tiven) unicamente me abriron a posibilidade de subir certos traballos para posteriormente ser avaliados, pero non facer unha avaliación directa por medio del.
Tamén me gustaría sinalar que un gran número de profesores non emprega este recurso para aspectos que poderían facilitar a vida do estudante. Por exemplo, subir os apuntes o Campus Virtual permite poder gardalos no ordenador, imprimilos, levalos nun pen drive,... Ademais, outro aspecto que me parece útil é poder subir un traballo directamente, o que deriva nun gasto menor de tinta e papel.
O artigo de Farley Ortiz, Campus Virtual: la educación más allá del LMS, fala, ademais, de que unha institución debe ofertar algo máis que este servizo. Por exemplo, como sería a USC, unha base de datos da biblioteca, un Correo Web interno, unha secretaría virtual,... Todo isto facilita a vida do estudante e abre un novo mundo de posibilidades. Todo isto, por suposto, sempre que estea ben xestionado e a combinación entre eles sexa a axeitada.
Para afondar máis dentro do que é o Campus Virtual, presento esta definición: Segundo Palomo, Ruiz y Sánchez (2008:105),“ el término de Plataforma se engloban un amplio rango de aplicaciones informáticas instaladas en un servidor cuya función es la de facilitar al profesorado la creación, administración, gestión y distribución de cursos a través de Internet.”
Pero non todo son cousas positivas. Este fin de semana, por exemplo, a USC puidemos presenciar un grave problema informático dentro do seu sistema. Este, afectaba ´´o sistema de almacenamento de datos polo que o Campus Virtual, Correo Web, Biblioteca e demais quedaban inactivos. É dicir, non puidemos facer uso de ningún servizo do que a Universidade ofrece na súa páxina web.
Neste período puidemos ver multitude de críticas respecto a isto. Estamos tan acostumados a ter este servizo as 24 horas do día que colapsamos no momento que nos falla. Por iso, penso que sería de utilidade, ou polo menos non sobraría, ter unha opción B, da que poder botar man que algo falla. Xa que os recursos informáticos, como todos, non son perfectos.
De todas formas, volvendo ó tema de traballo, gustaríame destacar, en relación con isto, a teoría que sustenta todo a temática: o Conectivismo.
Hoxe en día non se aprende da mesma maneira que antes. Numerosas investigacións recentes pretenden analizar cómo inflúen as novas tecnoloxías.
Como Conectivimos, podemos entender “teoría del aprendizaje para la era digital que ha sido desarrollado por George Siemens y por Stephen Downes, para explicar el efecto que la tecnología ha tenido sobre la manera en que actualmente vivimos, nos comunicamos y aprendemos” (Carolina Ovalles,2014).
O punto de inicio desta teoría sería o novo aprendizaxe que se está a desenvolver no individuo. Neste vídeo, poderemos ver numerosos principios desta teoría (establecidos por George Siemens) :
Estes son:
Como podemos observar, todos estres principios son os buscados á hora de traballar na rede Stellae. Por exemplo, poder comentar no blog dos nosos compañeiros, debater sobre un tema de traballo, posibilita a aparición das diversas opinións e unha forma diferente de aprendizaxe. Outro exemplo podería ser a necesidade de manter as conexións para o aprendizaxe contínuo, é dicir, manter unha interelación entre a información e continuar formándonos en novos coñecementos.
Por último, gustaríame nomear as críticas desta teoría:
De todas formas, non se pode negar que o conectivismo está presente na nosa vida actual e no modelo de ensino- aprendizaxe,como xa dixen, claro exemplo disto témolo na Rede Stellae.
Referencias bibliográficas:
Ortiz, L.F. (2007). Campus Virtual: la educación mas allá del LMS. RUSC. Universities and Knowledge Society Journal. 4 (1), 1-7
Ovalles, L.C (2014). Conectivismo, ¿un nuevo paradigma en la educación actual?.MundoFESC. 1(7), 72-79
Aquí vos deixo a noticia sobre o Campus Virtual da USC que acabo de atopar agora mesmo: http://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2015/05/19/fallo-informatico-deja-usc-correos-electronicos/0003_201505G19P15993.htm?utm_source=facebook&utm_medium=referral&utm_campaign=fbgen
Beatriz Souto Rial le gusta esto
Sobre o campus virtual falaba eu na miña última entrada.Estou completamente de acordo no aspecto de que considero que se lle podería sacar moito máis partido ao campus e que moitos profesores creo que ata ignoran a sua existencia e de ser conecedores da mesma non o utilizan para facilitarse e facilitarnos o proceso de ensino-aprendizaxe.
Respecto a noticia do incidente do colapso da rede da USC non poderían definilo de mellor forma que decindo que volvemos ós anos 80, realmente seremos capaces de imaxinarnos a actual Arenal Concepción co aforo completo como esta a estas alturas sen a existencia das novas tecnoloxías? quedome con unha frase do artigo El Campus Virtual es la herramienta que da soporte a los procesos de enseñanza-aprendizaje no presencial y complementa la formación en las aulas. Creo que non hai mellor forma de definir ao campus virtual pero repito que creo que se lle poderia sacar moito máis beneficio educativo do que se está facendo para a cantidade de gastos que conleva.