Ayuda para maestros

Hoxe quería falarvos un pouco dunha páxina que me axudou moito a achegarme máis a esta materia. http://www.ayudaparamaestros.com/ 

É unha páxina chea de recursos, actividades e ideas para achegar as TIC ás aula. A min foime de grande utilidade e atopei recursos moi sinxelos que xa probei e cos que xa xoguei , por exemplo, storybird (https://storybird.com/. Este programa é fenomenal! Poderedes crear con el o voso propio libro ou conto e mesmo engadirlle ilustracións, portada... 

Ademais disto atoparedes unha grande selección de categorías que nos poden ser de utilidade tanto a nivel persoal como a nivel profesional. Chamoume por exemplo, a atención unha categoría de entradas chamada "navegación segura" na que nos dan consellos, tanto a educadorxs como a pais/nais sobre os perigos das TIC. 

Recoméndovos que a visitedes! ;)

Comentarios

  • Alejandra

    Me ha encantado esta entrada, ya que la veo de gran ayuda, puesto que la aplicación que mencionas para crear cuentos la he estado mirando y me parece genial, ya que es súper fácil de entender y quedan cosas muy chulas. Quería hacerte una pregunta, la página que mencionas al inicio, ¿cómo la has encontrado? ¿Ha sido por casualidad? ¿Por qué te habían hablado de ella? Es que me ha parecido una página con mucha salida, y lo cierto es que poder encontrar más material de este tipo resultaría muy interesante. Gracias

  • Selene

    Ola Alejandra!
    Pois sinceramente non che sabería decir...jajaja
    Creo que estaba buscando por internet recursos para facer a actividade con TIC porque pensaba que podiamos elexir outros que non viramos na clase.
    Si che interesan este tipo de páxinas recoméndoche tamén que utilices pinterest, a nin resúltame moi útil para atopar todo tipo de cousas, dende recursos para actividades, contos, ideas para manualidades... Un par de actividades da nosa Unidade Didáctica estaban inspiradas en outras que atopáramos alí.
    En pinterest hai un taboeiro específico para educadorxs que che pode resultar de moita axuda.
    Tamén aqui, na páxina de ayuda para maestros, tes moitos enlaces a blogs educativos diferentes moi interesantes.
    Moitas gracias por comentar! ;)

  • María Canabal

    Ola, despois de ver a entreda estiven "fedellando" un pouco pola páxina e o que vin, pouco por que hai moitísimas cousas, pareceume xenial. Paréceme moi útil e como di Alejandra, a veces non é fácil atopar este tipo de material tan interesante. Aínda me queda probar a aplicación para crear contos. Gracias.

  • Selene

    Ola María

    Non, a verdade é que de non tela atopado por casualidade non tería noticias dela, e é xenial. O do conto recoméndoche que o probes, é moi sinxelo de utilizar e pódense facer cousas estupendas! Para min soamente ten un fallo e é que non se poden descargar gratuítamente. Pero aínda así é de moita utilidade.

    Eu tampouco tiven a oportunidade de ler todas as entradas porque como ben dis hai moitísimas e moi completiñas... pero en canto rematemos os exames xa teremos algo máis de tempo (esperemos)

    Gracias por comentar :)