Cultura gratuíta

Para esta entrada tiña pensado tratar de afondar un pouco máis no tema de Wikipedia, xa que penso que foi un tema moi interesante que tratamos durante bastante tempo, do cal aínda non tiña unha entrada específica para el. Sen embargo ,buscando información que me axudara a documentarme aínda máis sobre o tema, atopei un tema que tamén me resultou interesante e que me gustaría expoñer.

Dito tema é o da cultura gratuita e o conflicto que crea. Fai un tempo xa se abría o debate sobre isto, fomentado sobre todo pola persecución que se lle estaba a dar á piratería no noso país.

Os partidarios da libre circulación de contidos culturais defendían o feito de que o acceso á cultura fora gratuíto, mentres que algúns empregaban isto de maneira errónea para defender as descargas ilegais e a piratería. Por outra parte os partidarios de regular eses contidos defendían que os contidos culturais supoñen un custo e que obtelos de maneira ilícita equivale a roubar aos seus autores., como por exemplo o historiador Roger Chartier (2014), que nunha entrevista para ABC asegura que a idea de que a cultura debe de ser gratuíta é absurda.

Obviamente non podemos afirmar que toda produción cultural debe de ter un acceso gratuíto. Crear unha película ou un disco de música supón unha inversión moi grande, tanto de tempo como económica, e se non podemos pedirlle aos seus autores que invirtan de maneira desinteresada sen obter ningún tipo de beneficios e sin recuperar a súa inversión. Isto, en lugar de axudar á cultura, seguramente  acabaría tendo o efecto contrario e reduciría a súa produción drásticamente.

Sen embargo o libre acceso á cultura ten outro significado moito máis adecuado. Como todos sabemos, tanto na educación formal como informal, a cultura ten un peso moi grande na nosa formación. O acceso que temos a producións culturais determina en gran medida a nosa formación e evolución como persoas, e ao mesmo tempo condiciona o noso futuro. A educación que recibimos en colexios e demais institucións vese complementada por esas producións culturais.

Do mesmo xeito que se decia que hoxe unha persoa non pode desenvolverse sen competencias dixitais, tampouco pode haber unha persoa que se desenvolva sen coñecementos culturais.

Deste modo vemos que o acceso a contidos de carácter cultural é un dos piares da formación dunha persoa, mesmo se podería dicir que é unha necesidade básica case ao nivel de dereitos tales como o acceso a unha vivenda digna. Deste modo cave pensar que non sería xusto que o acceso á cultura estivese condicionado polo nivel económico dunha persoa. Por suposto non podemos pedirlle a un artista que realice o seu traballo de maneira gratuíta, do mesmo xeito que non le pediríamos a un constructor que non construíse unha vivenda de maneira gratuíta.

Ante isto o que se debe de facer é buscar unha solución mediante a cal o acceso á cultura sexa asequible para todos, ao mesmo tempo que se recompensa aos  artistas de maneira axeitada polo seu traballo. A verdade e que é difícil atopar unha solución que satisfaga a todos, pero está claro que algunhas medidas que se toman actualmente (aumento do IVA cultural) non son o camiño para mellorar as cousas.

Webgrafía:

Chartier, R.(2014) Entrevista en ABC, consultado el 12 de julio de 2015 http://www.abc.es/cultura/libros/20140530/abci-feria-libro-pirateria-chartier-201405291915.html