Todos temos dereito.

     A entrada de hoxe para min é especial, xa que a noticia, da que a continuación vos mostro o enlace, chamoume moito a atención ó parecerme unha gran evolución para todos e non para só uns poucos, pois todos temos dereito, a pesar das trabas que nos poidan presentar nas nosas vidas, de facer uso das novas tecnoloxías do mesmo xeito. 

http://www.abc.es/tecnologia/informatica-software/20150512/abci-controlar-ordenador-ojos-201505121930.html

    Se miramos atrás, ou incluso lle comentamos hoxe en día a algún dos nosos maiores esta noticia, posiblemente crean que o estamos enganando ou que simplemente nos queremos rir deles, pois dende a súa percepción, na maioría dos casos, non creran que os descubrimentos e a evolución da nosa sociedade puidese chegar ata tal punto. 

    Para concluir, só podo sentirme agradecida dos verdadeiros héroes que existen na nosa sociedade, por darlle a posibilidade a todos de poder gozar de algo tan evidente para nós como é un ordenador, pero que no caso de moitas persoas é un instrumento inalcanzable.