Mochila dixital ou mochila tradicional?

Nesta imaxe que a continuación vos presento, podemos observar unha especie de “comparativa” entre a mochila tradicional (analóxica) que todos coñecemos e posiblemente usamos, e a mochila dixital que nos últimos tempos se empeza a ver, facendo fincapé unicamente nas vantaxas da mochila analóxica. 

Mochila tradicional vs. mochila analóxica.

Considero que a mochila dixital, é un bo avance de cara ó aforro económico, como tamén para a propia saúde dos estudantes (debido ó peso...), pero aínda así, deberiamos plantexarnos os pros e os contras da mochila dixital na súa totalidade, pois unha vez que esta se implante totalmente, será moito máis difícil recuperar a analóxica que tanto tempo nos acompañou, así como os distintos elementos que a compoñen.  

Por outra banda, e tal e como xa demostrei noutras entradas do meu blog, considero que as novas tecnoloxías son un instrumento incrible, pero que para que desenvolvan unha función correcta debemos ser nós quen fagamos un bo uso das mesmas. Con isto refírome a que  as novas tecnoloxías en certa medida son beneficiosas e axúdannos moito no noso día a día, pero aínda así, non debemos esquecernos do tradicional.

Nunca debemos deixar de empregar un libro, escribir unha carta, pintar nun papel, ou mesmo facer unha suma contando cos dedos da man, pois está ben apoiarnos nos avances e nas novas tecnoloxías, pero sempre sen esquecernos do pasado e da forma de aprender tradicional. 

Comentarios

  • Cristina Martínez Álvarez

    Pareceume interesante esta entrada na que fas referencia “A mochila dixital” xa que non coñecía moito este termo e a curiosidade fíxome buscar información sobre o tema.

    A mochila dixital é unha ferramenta que pode chegar a converterse nun gran cambio no sistema educativo.Consiste nunha plataforma online na que se acumulan os recursos dixitais necesarios para o alumnado. Ao estar  dispoñibles os materiais no entorno dixital, algúns dos obxectivos que se cumpren son:

    • Facilitar o cambio de libros tradicionais por dixitais aos estudantes.
    • Acceso por parte das familias a todo o catálogo de contidos educativos con que contan as editoriais asociadas ao proxecto.
    • Coñecemento por parte do profesorado de toda a oferta dixital, o que lle permite seleccionar os libros máis axeitados para cada curso.

    Como mencionas, penso que a tecnoloxía supuxo un avance nas nosas vidas e que é un progreso que trae consigo moitos aspectos positivos. Neste caso, considero que estes proxectos suporían a mellora das condicións posto que non existiría tanto gasto nos libros de texto, non cargar tanto peso os nenos/as... pero creo que polo momento é difícil que se leve este proxecto a práctica xa que están de por medio moitos intereses económicos (de mercado).

    Por outra banda, outro aspecto que mencionas e co que estou de acordo contigo é que non podemos esquecernos do tradicional, de empregar un libro, manexar distintas documentacións e por suposto de escribir xa que creo que estas competencias son esenciais para o desenvolvemento integral dos nenos e nenas.

    http://www.educa.jccm.es/alumnado/es/servicios-educativos/materiales-curriculares/plan-escuela-extendida-mochila-digital [Recuperado 23/05/2015]