Na sociedade do coñecemento, cómo debe ser o profesor?

Neste derradeiro blog tratarei de analizar cal debe ser o perfil do profesorado no sistema educativo actual. Neste senso, os cambios sociais que se produciron nas últimas décadas debido á irrupción das TIC en todos os planos da vida dun individuo, deixaron á institución educativa nunha situación de crise e obsolescencia. Por iso que a escola debe adaptar as súas estruturas para facelas mais flexibles ca finalidade de responder as novas esixencias económicas e sociais.

Para que a institución educativa poida facer fronte aos novos retos que se lle expoñen pola sociedade do coñecemento, considero fundamental prestar unha especial atención á formación inicial e permanente do profesorado co fin de dotalos de ferramentas que lles permitan formar a cidadáns cívicos, críticos, comprometidos e capaces de adaptarse e de transformar a realidade social.

 

Do modelo tradicional de ensinanza e aprendizaxe ao modelo tecnolóxico.

Na sociedade do coñecemento é de vital importancia que o profesorado pase de enmarcar a súa tarefa educativa nun modelo de ensinanza tradicional para situarse nun modelo tecnolóxico. As características destes modelos pódense sintetizar como amosa este cadro:

Modelo tradicional

Modelo Tecnolóxico

Profesor illado.

O docente debe traballar en equipo co resto dos docentes.

O profesor é un instrutor que transmite coñecementos.

O profesor é un mediador que actúa como guía no proceso de ensinanza-aprendizaxe.

Ponse énfase na ensinanza.

Ponse énfase na aprendizaxe.

O profesor aplica os recursos didácticos sen deseñalos.

O profesor deseña e xestiona os recursos didácticos.

Didáctica baseada en clases maxistrais e unidireccionais.

Didáctica baseada na investigación e con bidireccionalidade.

Só a verdade e o acerto proporcionan aprendizaxe.

Utilízase o erro como fonte de aprendizaxe.

Restrinxe a autonomía do alumno, que se converte nun axente pasivo do seu proceso de aprendizaxe.

Fomenta a autonomía do alumno, que se converte nun axente activo do seu proceso de aprendizaxe.

O uso das TIC está ao marxe da programación didáctica.

O uso das TIC está integrado no currículum como unha forma de desenvolver a competencia dixital do alumnado.

 (Fonte: Adaptación de los modelos propuestos por el profesor Ricardo Fernández Muñoz (2001) ).

 

Posturas do docente ante as TIC nas aula:

Educar para a sociedade do coñecemento debería implicar aproveitar a incidencia que teñen las TIC na nosa vida cotiá, e introducilas nas aulas como ferramentas que nos permitan organizar o proceso de ensinanza-aprendizaxe dunha maneira mais flexible e centrada nas necesidades individuais de cada alumno. Sen embargo, segundo Domínguez Alfonso, R (2009) os docentes ante este feito poden adoptar duas posturas contrapostas: la tecnófoba e a tecnófila.

  1. As posturas tecnófobas están vinculadas ás posturas de resistencia ao cambio: dende esta postura a escola resístese á introdución na sociedade do coñecemento debido ao medo por parte de algúns docentes a perder o control das súas materias, pola falta de formación do profesorado no uso das TIC, e sobre todo pola dificultade do docente a cambiar o seu rol tradicional de transmisor de coñecementos a un novo rol no que exercer como guía do proceso de aprendizaxe dos seus alumnos.
  2. As posturas tecnófilas baséanse no consenso sobre a aceptación da necesidade de cambio dos centros educativos para adaptarse ás esixencias da sociedade do s.XXI. Sen embargo, dentro destas posturas tecnófilas atopamos teóricos que defenden dúas posicións polarizadas:
  • Por un lado, os que rexeitan radicalmente o modelo educativo tradicional, e propoñen unha reestruturación da concepción existente de escola e de organización escolar, onde se flexibilicen os procesos e se rompa coa tradicional visión da ensinanza como transmisión do saber nun lugar físico, pechado e presencial. (Domínguez Alfonso, R; 2009).

Pódese afirmar que esta proposta desescolarizadora resulta actualmente unha utopía debido á falta de medios materiais para desenvolvela e sobre todo as carencias que conlevaría prescindir da escola como un espazo de socialización e de relacións interpersoais para o alumnado.

  • Polo outro lado, os que reclaman que a escola sexa o espazo de construción persoal e cidadá, onde se realice a transmisión da cultura e de coñecemento as novas xeracións, onde se desenvolven pensamentos críticos, reflexivos e democráticos pero dende un achegamento real e físico á realidade social.  (Domínguez Alfonso, R; 2009).

 

As necesidades formativas do profesorado para a sociedade do coñecemento:

O profesorado na Sociedade do Coñecemento necesita desenvolver novas funcións e abordar novas tarefas que no modelo educativo tradicional non se contemplaban. Baseándome no texto de Sánchez Asín, A  (2009), situarei os principais resgos que posúe o docente no s.XXI: 

En primeiro lugar é necesario preparar e formar ao profesorado no deseño e uso de novos recursos didácticos; como poden ser vídeos, imaxes animadas, diapositivas… coa finalidade de posibilitar ao alumnado a análise do contido dos mesmos. Isto permitiría superar as limitacións dos esquemas estáticos e dos libros de texto, ofrecendo ao alumnado unha maior riqueza nos materiais que utiliza para afianzar as súas aprendizaxes.

Ademais, é de vital importancia que os docentes saian do celularismo que caracteriza a súa profesión e aposten polo traballo en grupo e cooperativo co resto dos seus colegas, tanto para deseñar programas educativos como para adquirir novos coñecementos e formarse dunha maneira continua. Para iso sería interesante que a Administración favorecese a creación de contornas virtuais educativas, materiais e ferramentas necesarias para a interacción alumno-profesor, profesor-profesor e alumno-alumno. Todo isto desembocaría no desenvolvemento dunha verdadeira plataforma nacional de aprendizaxe realmente moderna onde tódolos axentes puidesen compartir contidos, puntos de vista, discusións, investigacións…

Noutra orde de cousas, un aspecto que me resultou chamativo é a necesidade de formar ao profesorado para que desenvolva a intelixencia exitosa (termo introducido por Sternberg, 1997), que implica combinar no mesmo plano tres maneiras diferentes de pensar: a intelixencia analítica, a intelixencia creativa e a intelixencia práctica. Segundo Sternberg:

  • A intelixencia analítica: necesaria para resolver problemas e xulgar a calidade das ideas.
  • A intelixencia creadora: permite formular ideas e problemas.
  • A intelixencia práctica: necesaria para utilizar as ideas dunha maneira eficaz na vida cotiá.

Cando o docente mantén un equilibrio entre estes tres tipos de intelixencia, este poderá responder de maneira óptima a diferentes perfís de alumnos con necesidades distintas. En este sentido o profesor poderá ser:

  • Programador: O docente é o que dirixe e coordina os procesos de aprendizaxe cos medios interactivos, é dicir, axuda ao alumno a organizar o seu traballo e os obxectivos que debe acadar co mesmo.
  • Transmisor: O docente non é unha fonte de coñecemento, senón que é un representante do mesmo e a súa función é ensinar ao alumno onde localizar a información relevante e cómo utilizala. Neste senso, o docente actuaría mais como un provocador da aprendizaxe, guiando ao escolar cara as redes de información con contidos que lle interesen para que os analice, os interprete e os integre con diferentes fontes.
  • Mediador: O docente é un mediador no proceso de aprendizaxe do alumno no senso de que posibilita ao alumno os medios que lle serven para interaccionar coas TIC, de modo que provocan no alumno o sentimento de ser o artífice do seu propio proceso de aprendizaxe, xa que parten dunha información que obtén de distintas fontes, a organizan e elaboran unha opinión crítica e persoal a raíz dela.
  • Motivador: O profesor ao actuar como guía no proceso de aprendizaxe, permite que o alumno poida traballar a información acorde co seu estilo persoal, o cal permite manter o nivel de motivación do alumnado.

Finalmente, sinalar que o profesorado deberá formarse constantemente e desenvolver unha serie de competencias vinculadas ás novas situacións e vías de aprendizaxe, resumíndoas en:

  • Competencias relacionadas co uso e manexo das ferramentas tecnolóxicas.
  • Competencias persoais vinculadas ao proceso de aprendizaxe do alumno e de ensinanza do profesorado: habilidades sociais comunicativas, capacidade de orientación e guía, capacidade de adaptación a condicións novas e situacións persoais dos estudantes…
  • Competencias metodolóxicas e de aprendizaxe: coñecemento do paradigma da aprendizaxe centrado no traballo colaborativo entre estudantes, capacidade de axuste a novas situacións, traballo interdisciplinar, coñecemento actualizado dunha área determinada do saber…

 

Como conclusión e tralo investigado sobre as necesidades de formación necesarias para o profesorado para poder educar na sociedade do coñecemento, creo que o noso sistema educativo, pero sobre todo a formación inicial do profesorado, está moi lonxe de responder ás demandas da sociedade actual.

A pesar de que a Administración educativa e la normativa oficial pretenden crear un sistema educativo adaptado aos novos tempos, a realidade que vivimos é a de un sistema educativo aínda estancado no pasado, con gran peso da memorística no currículo educativo en xeral e da avaliación en particular.

¿Cómo solucionar isto? Pois creo necesario que nas facultades de educación, sobre todo nas titulacións de Maxisterio e de másteres en educación, que existan materias específicas que permitan aos futuros docentes deseñar contornas virtuais de aprendizaxe con recursos didácticos para o alumnado, asignacións de tarefas, grupos de discusións en cada aula, deseñar programacións de aula que integren as TIC dentro das principais áreas curriculares, traballar dende o ámbito universitario coa metodoloxía que empregamos nos mesmos nesta materia, de modo que os futuros docentes teñan unha experiencia previa que lles permita implementar con maior facilidade este tipo de metodoloxías nas aulas.

Así mesmo, como formación permanente sería moi interesante que se crease un entorno de aprendizaxe virtual a nivel nacional, para docentes de ensinanza primaria e secundaria, onde compartiran un espazo de investigación, reflexión, fonte de ideas e intercambios de experiencias, profesionais da educación que ofrecesen apoio técnico e pedagóxico aos docentes que así o requiran.

En definitiva, creo que el modo mais eficaz de formar ao profesorado para educar na Sociedade do Coñecemento é facendo que estes mesmos experimenten na rede, que planifiquen as súas propias programacións de aula en colaboración con profesionais doutros contextos que teñan mais experiencia, que poidan deseñar plataformas virtuais, que poidan investigar en determinadas metodoloxías de ensinanza, que teñan acceso a material importante e de relevancia que van propoñendo outros profesionais, etc. Só  explorando e experimentando as posibilidades que nos ofrece la rede, lograremos aprender e, a súa vez, compartir estas aprendizaxes.

 

Fontes:

Domínguez Alfonso, R. (2009). La sociedad del conocimiento y los nuevos retos educativos. Universidad de Granada. Dispoñible en: http://www.ugr.es/~sevimeco/revistaeticanet/numero8/Articulos/Formato/articulo9.pdf

Fernández Muñoz, R. (2001). El profesor en la sociedad de la información y la comunicación: nuevas necesidades en la formación del profesorado. Universidad de Castilla la Mancha. Dispoñible en: http://www.uclm.es/varios/revistas/docenciaeinvestigacion/numero1/ricardofdez.asp

Sánchez Asín, A. et all. (2009). La sociedad del conocimiento y las TIC: una inmejorable oportunidad para el cambio docente. Revista de Medios y Educación. Nº 34, pp. 187–189. Dispoñible en: http://redined.mecd.gob.es/xmlui/bitstream/handle/11162/91963/00820113014560.pdf?sequence=1