Reflexión

Isto remata. Despois de catro meses traballando con esta materia o tempo rematou e debo facer unha reflexión sobre todo o proceso antes de realizar o e-porfatolios final.

Debo ser franca e dicir que o meu blog está baleiro. Nun comezo tratei de seguir o desenvolvemento das diferentes clases, pero eu non estaba acostumada a estar presente en redes sociais coma esta. Non empregara antes o twitter, non publicara nunca nun blog, nin sequera tiña whatsapp (ainda que resulte estrano), polo que creo que me custou e o deixei demasiado de lado.

Con todo tamén quero deixar reflexado que non me ocorría o mesmo durante as diferentes clases, pois asistía a elas e resultabanme de grande interese, e debo dicir que aínda que non publicara na rede, ía extraendo diferentes ideas.

Debo recoñecer que ao deixar esta parte de lado por un tempo, cando te das conta non das recuperado o ritmo, e en realidade non sei se agora, en dous días será moi tarde para poder mostrar evidencias de que si aprendín nesta materia e de que ese aprendizaxe foi significativo.

Por todo iso, tentarei realizar algunhas entradas significativas para poder elaborar o e-portafolios final, sabendo aínda así, que o meu traballo na rede non foi continuo.

Porén, espero que un derradeiro esforzo poida servir de algo, pois para min a materia non foi so o traballo na rede se non moito máis.