Educar a mirada, é un reto para a educación?

Educar a mirada é un reto educativo?

A alfabetización múltiple engloba distintas competencias de cara á aprendizaxe e comprensión, así como tamén utilización de distintos xeitos de información, destacando neste caso as imaxes na súa versión electrónica. Dende o meu punto de vista é tendo en conta a importancia do termo de alfabetización múltiple, resulta importante tomar en consideración a competencia dixital así como a mediática. Resulta significativo ter en conta calquera destas dúas competencias, dunha banda de cara a nosa formación como futuros pedagogos e doutra banda e sobre todo de cara á nosa labor unha vez que exerzamos como tal.

Isto é, debemos tomar en consideración o noso papel como pedagogos no ámbito de sensibilizar a nenos e nenas, mozos e mozas, adultos... no tema da identidade dixital, distintos xeitos de entender o mundo a través de cadros e imaxes, etc. En definitiva, informar e formar no referente á importancia que ten o xeito de ver as cousas, o mundo e a importancia do que estas nos reflicten, xa que, como ben nos ensinaba Adriana, "as imaxes non só nos contan ou provocan sensacións, senón que tamén colaboran á hora de construír a nosa visión peculiar do mundo".

Educar a mirada

Seguramente ao observar dita imaxe o primeiro que resalte sexa o simple feito de que na mesma hai un neno cunha lupa; pero á súa vez como xa observábamos na clase expositiva isto non é tan só algo visual, senón que sempre vai a producir unha certa imaxe inscrita no contexto, neste caso o feito de Educar a mirada.

Como futuros profesionais debemos tomar en consideración a gran importancia de reunir distintas competencias que entre elas se complementan, sen nunca deixar de lado a relevancia que toma a tecnoloxía na sociedade na que vivimos. Polo tanto, educar a mirada tamén é un reto educativo, xa que confórmase así a competencia dixital, mediática, tecnolóxica... en xeral: ALFABETIZACIÓNS MÚLTIPLES.

 

 

(Imaxe recollida de: https://elblogdelacamararoja.wordpress.com/2013/04/25/educar-la-mirada/)