Asesoramento a profesores sobre o traballo en equipo.

Nesta entrada inclúo dous capítulos do libro “El trabajo en equipo del profesorado” escrito por Joan Bonals. Trátese dunha temática que tratamos recentemente na aula e creo que os contido que aborda este autor son algo que debemos de ter en conta na nosa futura labor como asesores.

Os capítulos que vos achego son o primeiro e o terceiro. O primeiro, que leva por título “Mejorar las relaciones en los equipo docentes” aborda unha serie de aspecto que, a xuízo do autor, fundamentan as relacións de colaboración e traballo en equipo entre docentes. Algúns dos contidos tratados son a reciprocidade nas relacións, a posición de cada docente na institución escolar, a participación e a toma de decisións, o respecto á diversidade de opinións entre outros.

O terceiro capítulo titulado “El papel de los asesores psicopedagógicos en la mejora de las realciones y la operatividad en lo equipos docentes” exemplifica, por medio de casos nos que o autor interveu como asesor, como realizar unha intervención con docentes de cara a mellorar o traballo en equipo dos mesmos.

Persoalmente creo que se trata dun libro moi interesante e os capítulos que aquí vos achego penso que poden ser unha boa ferramenta para que no futuro profesional saibamos como intervir fronte a situación de falta de colaboración entre o profesorado.

Pdf do capítulo 1:

El trabajo en equipo del profesorado: capítulo 1

Pdf do capítulo 3:

El trabajo en equipo del profesorado: capítulo 3

Na seguinte pdf pódese consultar algunha información sobre o autor deste libro así como algún dos títulos das súas obras:

  Datos biográficos de Joan Bonals

Espero que o atopedes interesante.

Un saúdo.

Referencias:

Bonals, J.(1996): El trabajo en equipo del profesorado. Graó. Barcelona

http://www.escolescompromeses.org/mm/image/EXPERIENCIES/entrevistes/eapbergueda/eapberguedaequip.jpg (14-5-2012)

http://www.grao.com/autors/joan-bonals (12-5-2012)

http://www.metabase.net/docs/upn/10789.html (13-5-2012)

 

Asesoramento curricular a centros e profesores

5º psicopedagoxía – Curso 2011-2012

Damián Varela Sánchez

21-5-2012