INFOXICACIÓN

Está claro que vivimos nunha sociedade da información e unha información en rede. Porén non estamos acostumados a xestionar a información para a nosa propia aprendizaxe, non estamos aínda moi afeitos a ser produtivos persoalmente.

Así pois, a día de hoxe existe o termo infoxicación, acuñado por primeira vez por Alfons Cornella, presidente e fundados de Infonomía, no ano 2000.

Así pois, a infoxicación ven a ser o exceso e sobrecarga de información. Ademais, non se trata so de recibir demasiada información, se non tamén de non poder profundizar en toda ela posto que non existe o tempo preciso para facelo.

O que isto provoca é que prime o todo sobre o máis importante, facendo que queiramos fixarnos en toda a información recibida sen saber como seleccionar a de calidade.

Deste xeito, estamos tan inmersos nun bombardeo continuo de información que dificilmente somos capaces de afondar nunha temática concreta, posto que lemos moito e entendemos pouco, o que deriva nunha incapacidade de alcanzar os obxectivos propostos

É por todo iso polo que se debe ter cautela e polo que se debe aprender a seleccionar a información que precisamos, deixando a un lado aquela da que podemos prescindir e prestando atención so a aquela información que realmente é de calidade e nos interesa.

Finalmente pois, é preciso deixar claro que existen varios xeitos de poder combater a infoxicación, como son a curación de contidos ou o filtrado dos mesmos.

 

Fontes consultadas

http://alfonscornella.com/thought/infoxicacion/

http://papelesdeinteligencia.com/que-es-la-infoxicacion/

https://c1.staticflickr.com/7/6110/6315001752_a6970e8cd7_b.jpg