Rol do pedagogo nas TIC

O rol do pedagogo nas TIC como asesor de propostas formativas e-learning ocúpase do deseño de meteriais multimedia en hipermedia e da creación e asesoramento para o traballo con novos entornos de aprendizaxe. As demandas van en aumento polo que o pedagogo actual debe:

- Dispoñer de criterios e estratexias de busca e selección da información efectivos que permitan acceder a información relevante e de calidade.

- Coñecemento de novos códigos comunicativos utilizados nos novos medios.

- Potenciar que os novos medioscontribúan a difundir os valores universais, sen discriminación a ningún colectivo.

- Formar a cidadáns críticos, autónomos e responsables que teñan unha visión clara sobre as transformacións sociais que se van producindo e poidan participar activamente nelas.

- Adaptar a educación e a formación aos cambios contínuos que se van producindo a nivel social, cultural e profesional.

Por último aclarar que os avances tecnolóxicos abren posibilidades de innovación no ámbito educativo, que levan a repensar os procesos de ensinaza-aprendizaxe e a levar a cabo un proceso continuo de actualización profesional.

Pra máis información adxunto un documento da Universidade de Valencia que se denomina "La Tecnologías de Información y Comunicación en el Aprendizaje" de Consuelo Belloch: http://www.uv.es/bellochc/pedagogia/EVA1.pdf