Perigos da rede.

    Si que é verdade, que na actualidade, para moitas persoas, as redes sociais fan a función de diario personalimage. Nelas plasman o que durante todo o día lles ocorre, onde están, que están facendo, con quen están, a onde van... pero posiblemente non se paren a pensar no perigoso que isto pode chegar a ser. 

     Logo de observar a entrada dunha compañeira, na que nos falaba dunha noticia sobre o google maps, e a busca do teu nome neste, quedei impactada do perigoso que poden chegar a ser as redes aínda que ti non o queiras nin o permitas, pero, máis poden chegar a ser se continuamenteimage contas cada un dos pasos que das no teu día a día nestas. Por este motivo, considero que algo que eu non consideraba tan perigoso até tempos atrás, pode chegar a ser un gran problema para calquera de nós, xa que "o que subes, non o baixas máis", e dende o momento en que facemos participe algún dato noso nas redes, calquera poderá chegar ó seu alcance, dunha maneira ou doutra. 

Perigos da rede.

Deixo esta viñeta, xa que me fixo moita gracia, e estáimage bastante relacionada coa miña reflexión.

 

Recuperada de: http://lecturasplaceryaprendizaje.blogspot comimage.es/2013/02/guardando-vinetas-sobre-tic.html