(Re)Iniciando cunha reflexión

(Re)Iniciando de novo coa materia de Tecnoloxía Educativa. Por suposto que isto non é un inicio para min, senón que unha continuidade ao meu proceso, a cal é evidente que resulta necesaria.

Se observo o meu blog e sobre todo a miña actividade, obsérvase explícitamente o enorme parón durante dous meses do proceso. Dous meses valeiros, de contido, forma, substancia, obxectividade, subxectividade...; ante os cales me sinto arrepentida e decepcionada. Nalgún momento nos dixeron que reflexionaramos acerca do que nos puidera pasar durante o noso proceso na materia; en realidade non atribúo a culpa a algo ou alguén, senón que, a parte dos problemas persoais fóra do ámbito académico, en definitiva foi un problema de "deixadez" e quizáis tamén de unha actitude conformista.

 

Ben é certo que durante o transcurso da materia houbo numerosos traballos da mesma así como tamén doutras materias; pero por suposto que iso non é a xustificación á falta de traballo en cuestión. Velaquí que me sinta arrepentida, polo feito de non outorgarlle a debida importancia a unha metodoloxía de traballo novedosa. Nun primeiro momento cando esta foi presentada sentín certo "medo" de cara a poder adaptarme ou non a dita metodoloxía e tamén de cara a ser quen de cumprir os principais obxectivos así como o xeito de traballar que a través dela se pretendían. Principalmente penso que o que se mantén neste párrafo foi o meu problema non superado: non outorgar a debida importancia, pero sobre todo a miña falta de confianza a traballar nesta metodoloxía novedosa.

 

Pretendo así con esta segunda oportunidade gañar máis confianza en min mesma así como tamén nas miñas elaboracións; xa que a importancia do Stellae pola miña parte xa a ten outorgada, e ademais apoio novos métodos a través dos cales avaliar ao alumnado. Como se nos indicou, agora non é o momento de subir unha decena de entradas ou máis; xa que vale máis a calidade que a cantidade. A miña meta principal é esta, conseguir entradas de calidade a través de variedade de bibliografía, confrontación de ideas e obxectividade, aportación de opinións e polo tanto tamén, subxectividade; tamén aportación de opinións noutros blogs, de cara a interactuar cos compañeiros e aportar nova información para así complementar, comparar. As entradas irán en función dos contidos da materia que a min me resultaron máis importantes e tamén en certa medida impactantes ou novedosos. Con isto tamén pretendo que ditas entradas reflexen algúns dos coñecementos que adquirín gracias a esta materia, é dicir, que resultaron relevantes no meu proceso de aprendizaxe.

 

Con todo, espero que esta entrada exprese a realidade dos meus erros e do meu proceso que me levaron a esta segunda oportunidade. Espero non resultar moi subxectiva, xa que pretendo abrirme de cara vós para contarvos a miña situación e ademais reflexionar acerca da mesma. A verdade é que nestes intres penso na vosa situación, na situación dos meus compañeiros, será parecida á miña? Vós que decides?

Para a semana que vén subo unha entrada que espero que resulte significativa, tanto para min como para vós.

Comentarios

  • Lucía

    É unha entrada estupenda, Noe, sen dúbida acadarás unha aprendizaxe significativa dentro deste proceso. Non teño dúbidas ao respecto! 

  • Noelia Fernandez Alvarez

    Moitas gracias Lucía. Intentei abrir a miña mente e pensamento hacia as persoas que están no Stellae, pero sobre todo aos meus compañeiros. Podendo así interactuar e coñecer os problemas de cada un de nós, se son semellantes ou pola contra, totalmente opostos. Un saúdo.

  • Cristina Fiuza Rodriguez

    Estoy totlamente de acuerdo contigo, durante el curso yo también tenía esa misma percepción y era bastante reacia a este tipo de metodología ya que se sale del método de trabajo al que estaba acostumbrada y en el cual me sentía más cómoda, pero creo que este cambio puede ser positivo para todos nosotros.

    Con respecto a esta segunda oportunidad, al igual que tú intentaré quitarle el mayor provecho posible y ser mucho más constante.

     

  • Cristina Fiuza Rodriguez

    Estoy totlamente de acuerdo contigo, durante el curso yo también tenía esa misma percepción y era bastante reacia a este tipo de metodología ya que se sale del método de trabajo al que estaba acostumbrada y en el cual me sentía más cómoda, pero creo que este cambio puede ser positivo para todos nosotros.

    Con respecto a esta segunda oportunidad, al igual que tú intentaré quitarle el mayor provecho posible y ser mucho más constante.