Busca de información

Rememorando as clases que tivemos durante o curso, veu a miña memoria a clase do día 16 de marzo no que tivemos que facer unha busca en internet. Ata ese día eu pensaba que sabía buscar na internet e que o facía ben, pero nunca reparara na cantidade de resultados proporcionaba a miña busca, xa que cando facía unha busca non pasaba da primeira páxina de resultados que obtiña. Tampouco consideraba que fixese boas busca, xa que en varias ocasións non atopaba aquelo que quería o que facía que me frustrara.

Para o mencionado anteriormente existen dous termos o ruido documental e o silencio documental. Segundo o servizo de bibliotecas da Universidade de Valencia (http://www.uv.es/curso/ci2/Informacion%20y%20Documentacion/ruido_documental.html) entendemos por ruido documental un problema que se inicia na buca e recuperación de información en relación coa cantidade de documentos recuperados ao realizar unha buca, cando a maioría destes non son pertinentes ou relevantes de acordo a necesidade de información desexada. Pola contra o silencio documental é un problema consistente en non recuperar aqueles documentos que se desexan debido a que a estratexia de busca foi demasiado específica ou que as palabras clave utilizadas non son as axeitadas para definir a busca.

Para intentar solventar estes problema podemos utilizar unha serie de estratexias de busca que nos facilitarán poder atopar a información mais axeitada.

Unha delas segundo a Universidade de Alcalá (http://www3.uah.es/bibliotecaformacion/BMED/AlfaBuah/13_estrategias_de_bsqueda_de_informacin.html) e a ensinanza complementada por internet (http://www.uprm.edu/socialsciences/manualprofesor/id77.htm) serían as estratexias de recuperación da información. Estas consisten en:

- Identificar os conceptos importantes do problema de investigación.

-Identificar os termos específicos do tema utilizando vocabulario especializado como as palabras clave.

- Determinar se existen sinónimos ou termos relacionados aos conceptos básicos da busca.

- Ingresar as palabras clave en letras minúsculas, salvo que se trate de nomes propios.

- Traducir os termos a outro idioma, fundamentalmente o inglés xa que así podemos acceder a moita máis información.

- Coñecer a existencia de linguaxe documental ou "controlado" (descriptores, tesauros, encabezamentos de materia) que se utilizan en catálogos, bases de datos, en páxinas diferentes de internet, diferente da linguaxe natural.

- Acotar a busca en función dos resultados.

Outra estratexia segunda a Universidade de Mondragon (http://www.mondragon.edu/es/biblioteka/como-buscar/consejos-para-buscar-informacion-1/consejos-generales-para-buscar-informacion) a utilizar seria o truncamento que consiste en substituír un ou varios caracteres dunha palabra para así poder localizar o termo ou as súas posibles variantes. Os símbolos máis utilizados para istos son ? e *.

Outras das estratexias son os operadores booleanos que permiten combinar varios termos ampliando ou reducindo a busca:

- Y/AND busca rexistros que conteñan todas as palabras.

- O/OR busca a lo menos unha das palabras especificadas.

- NO/NOT exclúe palabras dunha busca.

- XOR especifica que de ambas palabras clave só debe aparecer unha.

- ADJ especifica que ambos termos deben aparecer seguidos no texto.

Por último outras das estratexias son os operadores de proximidade que se identifican en moitos dos casos con este símbolo " ", ao introducir unha frase entrecomillada faremos unha busca con esa secuencia de palabras exacta, no mesmo orde no que se introduce.

Por último dende  Biblioteca da Universidade de Castilla-La Mancha podemos visionar un vídeo onde se ve de forma práctica como utilizar os operadores anteriormente citados.

Este é un tema que me parece moi interesante, xa que ao meu paso polo sistema educativo nunca se fixo fincapé na miña formación como facer búsquedas na internet, cando en internet podemos atopar case toda a información necesaria e actualizada e se non sabemos como acceder a ela perdémonos gran parte da información que axudaría a nosa formación. Por outra banda tamén me parece moi necesario ensinar como facer buscas, porque como dixen ao principio vivía enganada pensando que a miña forma de buscar información non era a equivocada e a raíz de toda a información proporcionada ese día na aula, fun consciente de que debía mellorar na miña forma de buscar información.

 

Comentarios

  • Noelia Fernandez Alvarez

    Unha vez trascorrida esa clase que ti nomeas eu subín unha entrada ao meu blog... Expresei o que sentía tras intentar aprender nunha clase variedade de conceptos e xeitos de buscar a información que ata agora non nos ensinaran. Aínda que xa me fun familiarizando con isto, son consciente de que o meu camiño aínda acaba de comezar...

    E desde logo darche as gracias por esta entrada, que para min resulta valiosa de cara a mellorar cada vez máis as miñas búsquedas.

  • Noelia Fernandez Alvarez

    Por certo, hai algo do que penso que non te lembras e tamén aprendemos durante o transcurso da materia... Ademais de GOOGLE existen outros buscadores, buscadores de buscadores, metabuscadores, buscadores xerárquicos, etc ;)

  • Judith Viqueira Díaz

    Moitas grazas polo teu comentario Noelia estou de acordo contigo, aínda nos queda moito camiño que andar porque aínda coma quen di comezamos fai nada a facelo "ben".

    Nesta entrada quixen centrarme máis en como facer unha busca e non tanto onde se pode facer, pero moitas grazas pola túa información porque é moi interesante e tes toda a razón xa que non existe google aínda que sexa o máis utilizado.

  • Belén Varela

    Gracias por esta entrada Judith! Sempre me atopei con problemas para facer as mellores búsquedas de información pero dende que eprego os operadores booleanos as miñas estratexias de búsqueda de información melloraron aínda que me quede moito por aprender! Podes relacionar isto coa curación de contidos se seguen en relación a esta temática as túas entradas xa que me parecería axeitado!! Pois eso que gracias e sigue así :)

  • Nuria Parada

    A verdade Judith é que creo que todos pensabamos que sabíamos buscar na rede e que ademais, isto é moi doado de facer, considero que logo das primeiras clases desta materia nos decatamos que non só nos podemos limitar a teclear o que queremos buscar en Google e quedarnos co primeiro dos resultados que aparece.

    E agora é cando me pregunto...É preciso chegar a universidade para saber isto? 

    A pesares de cada vez a presencia das persoas ante os medios é maior, as experiencias formartivas de desenvolvemento da nosa competencia mediática son moi escasas. Isto creo que en parte é debido a lentitude da introducción de cambios na institución educativa.

  • Judith Viqueira Díaz

    Estou totalmente dacordo contigo Nuria, eu ata chegar a universidade pensei que sabía buscar na rede e non era consciente do mal que o facía o que me fai preguntarme se realmente o sistem educativo esta adaptado as novas tecnoloxías, porque se o penso ben ata a universidade ninguén me ensinou a buscar na rede a saber distinguir que información era fiable e cal non, de feito no bacharelato a wikipedia era demonizada e a información que nela se obtiña non era fiable para algúns dos meus profesores cousa que non é certa como ven nos explicaron en clases anteriores.

    Penso que hai moitas cousas que mellorar no noso sistema educativo e unha delas dende o meu punto de vista e debido a o contacto permanente que temos coas novas tecnoloxías, deberíase recibir máis e mellor educación neste senso e dendo moito antes, sen ter uqe chegar a universidade para descubrilo.