O coñecemento aberto

Facendo un breve percorrido na miña mente sobre os contidos que resultaron máis relevantes para a miña formación sobre a Tecnoloxía Educativa, o primeiro que recordei foi o coñecemento aberto e pechado. Foi un contido para min interesante xa que forma parte das nosas vidas diariamente; ben sendo nós os protagonistas que transmitimos os coñecementos, é dicir, os emisores, ou ben sendo os receptores doutras persoas que nos proporcionan os seus coñecementos.

A través dunha das miñas entradas anteriores, concretamente a nomeada “La isla de los 5 faros: reflexionando sobre o Coñecemento aberto ou pechado”  tomei como referencia o que en dito libro reflectía o autor sobre a comunicación e a importancia da mesma. Nesta entrada, o que pretendo é, ademais de ter en conta a entrada nomeada, facer fincapé en aspectos máis teóricos sobre o coñecemento aberto para así poder proporcionar as miñas opinións e experiencias acerca do mesmo.

 

Ben pois, segundo F.J. García Peñalvo (http://repositorio.grial.eu/bitstream/grial/280/1/El%20conocimiento%20Abierto%20en%20Espa%C3%B1ol%20en%20la%20Universidad.pdf) e ademais tendo presente así a Tecnoloxía Educativa, coa era dixital favoreceuse a abertura de numerosas vías para a difusión do coñecemento, sendo este imprescindible para o desenvolvemento da sociedade nun mundo globalizado. Tendo en conta isto, o autor indica tamén que unha das formas máis efectivas de compartir coñecemento é a través do acceso aberto. Ademais, Internet permite o acceso ao coñecemento con independencia de onde se produza e en calquera momento.

Se relacionamos o coñecemento aberto coa internet, García Peñalvo tamén fai referencia á orixe do termo en cuestión. Segundo a Iniciativa de Acceso Aberto de Budapest (2002) enténdese por acceso aberto aquela bibliografía da cal se pode dispoñer de xeito gratuíto na rede, podendo así os usuarios ler, descargar, copiar, distribuír, imprimir; tendo a posibilidade de buscar ou enlazar todos os textos destes artigos, recorrelos para a indexación exhaustiva, utilizalos como datos para software, ou utilizalos para calquera outro propósito legal, sen barreiras financeiras, legais ou técnicas, distintas da fundamental de gañar acceso á propia rede.

Se tomamos en consideración as palabras de García Peñalvo, podemos reflexionar acerca da era dixital, internet e coñecemento aberto. Como xa indicara anteriormente na entrada de “La isla de los 5 faros”, sentimos certo recelo á hora de comunicar e transmitir os coñecementos que sabemos, evitando así enriquecernos con outras ideas e perdendo a oportunidade de reflexionar acerca das mesmas. Como ben indica o autor a era dixital posibilitou numerosas vías de transmisión do coñecemento, pero se este recelo fose xeneralizado e ás persoas mantiveran o seu coñecemento pechado? A miña experiencia na rede indícame a importancia que ten o coñecemento aberto xa que se todos nos negaramos a ensinar, compartir e transmitir o coñecido, as oportunidades que ofrece a rede serían inexistentes.

Xa que, como ben dicía G. Bernard Shaw: “Si tú tienes una manzana y yo tengo una manzana e intercambiamos manzanas, entonces tanto tú como yo seguimos teniendo una manzana. Pero si tú tienes una idea y yo tengo una idea y las intercambiamos, entonces ambos tendremos dos ideas”.

 

Por outra banda creo importante nesta entrada falar dos “recursos educativos abertos”. A transmisión do coñecemento na rede, e polo tanto aberto, posibilítanos como futuros profesionais da Pedagoxía tomar contacto con diversidade de recursos educativos. Segundo o Centro para a Investigación e Innovación Educativas (Junta de Extremadura, 2008) (http://www.oecd.org/edu/ceri/42281358.pdf) o termo de “recursos educativos abertos” utilizouse por primeira vez nunha conferencia da UNESCO, e actualmente defínese como: “materiales digitalizados ofrecidos libre y gratuitamente, y de forma abierta para profesores, estudiantes y autodidactas para utilizar y reutilizar en la enseñanza, aprendizaje y la investigación”.

 

 

Tomo en consideración este vídeo xa que fai referencia de xeito implícito á Infoxticación. Ante a cantidade de coñecementos e información á que podemos achegarnos, o vídeo fai referencia ao uso da Tecnoloxía na escola, indicando así que as TICs deben desempeñar a función de transmitir o coñecemento pero tamén: fomentar o espírito crítico, estimular a creatividade así como tamén o traballo na rede, incentivar a capacidade para procesar e estruturar as informacións... Polo tanto, tomando en consideración isto, é importante ter en conta o noso papel como futuras pedagogas de cara ao uso bo e racional da información e coñecementos que podemos apreciar na rede.

 

A reflexión sobre o tema acerca do coñecemento aberto fíxome ver que non só trae arraigada a capacidade que temos como estudantes de comunicar eficazmente as nosas opinións, intencións, coñecementos, ideas... empregando as novas tecnoloxías; senón que pola contra, aprendín a valorar a importancia de dito coñecemento para o meu aprendizaxe. Tal aprendizaxe sendo persoa activa en dúas perspectivas: o papel de transmisora de coñecementos, e  como receptora de milleiros e milleiros de coñecementos que día a día podo acceder a eles a través da rede. Neste senso merece darlle especial relevancia ao termo de “recursos educativos abertos” xa que sendo caracterizados como tal, proporciónannos día a día grandes oportunidades.

En definitiva, espero mostrar aquí o cambio que eu mesma aprecio dunha antiga entrada á actualidade, tendo en conta ambas as dúas.

 

Indicovos tamén a Bibliografía:

García Peñalvo, F.J. (2008): El conocimiento abierto en español en la universidad. Universidade de Salamanca. Arquivo PDF, recuperado o 10/6/15 en: http://repositorio.grial.eu/bitstream/grial/280/1/El%20conocimiento%20Abierto%20en%20Espa%C3%B1ol%20en%20la%20Universidad.pdf

Centro para la Innovación e Investigación Educativas (2008): El conocimiento libre y los recursos educativos abiertos. Junta de Extremadura. Arquivo PDF, recuperado o 10/6/15 en: http://www.oecd.org/edu/ceri/42281358.pdf

Vídeo: http://www.youtube.com

Comentarios

  • Judith Viqueira Díaz

    Esto0u moi dacordo contigo en que o oñecemento debería ser aberto e todo o mundo debería poder acceder a el para así dispoñer dunha aprendizaxe optima e satisfactoria.

    En moitos momento do teu blog fas referencia a internet e ao uso das novas tecnoloxías como parte de este coñecemento e é aquí cando estando de acordo contigo, pero tamén hai que puntualizar que non todo o  mundo ten acceso ás novas tecnoloxías, e hai outros moitos que tendo acceso a estas novas tecnoloxías non teñen un acceso a internet, o que dificultaría que este coñecemento fose aberto completamente, xa que neste caso sería aberto só para aqueles que si poden acceder a el, entonces ata que punto é aberto?

    Unha moi boa entrada, xa que este tema daría para horas e horas de conversa e o tema escollido é moi interesante :)

  • Noelia Fernandez Alvarez

    Trátase dun tema moi amplo e que sen lugar a dúbida, como ben dis ti pode ter moitas controversias.

    O aspecto que ti puntualizas noméase no vídeo que vos indico. É evidente e a súa vez frustrante que o coñecemento aberto é moi bo pero para aqueles que poden disfrutar del. Como futuras pedagogas penso que temos un papel moi importante para superar barreiras deste tipo na sociedade. Podemos ter en conta aquí, para min unha gran referencia, a Nusa, a cal axuda a Siria nunha situación de guerra coas novas tecnoloxías e permítelle así unha mellor educación. Ademais, se isto non fose posible, debemos intentare ser transmisores do coñecemento mediante outras canles sempre que sexa posible, axudando así aos máis desfavorecidos.

  • Judith Viqueira Díaz

    Totalmente de acordo contigo, penso que como futuras pedagogas que algún día chegaremos a ser, unha das nosas labores sería poder achegar, como ven ti dis que nos explicou Nusa, ese coñecemento a todas as persoas xa que a travesdo coñecemento chegarán a ser libre e todo o mundo ten dereito a unha educación.

  • Xeila

    Este tema a min doume moito que reflexionar, porque eu nunca pensei en compartir na rede os meus coñecementos, porque tampouco os considerei importantes para outras persoas. Sin embargo, ao buscar información ao respecto atopeime con algunhas das ideas que mencionas, porque se todos fixésemos do mesmo xeito, quen compartiria información na rede?

    Pareceume interesante a túa relación co libro da materia de Técnicas de Educación e Formación en Grupo. Eu por outra parte, relacioneino coa nosa práctica na Wikipedia, porque foi un dos puntos que me fixo ver que sempre se pode contribuir, e como ben diciden anteriormente, como futuras pedagogas deberemos transmitir eses coñecementos ao maior número de receptores posibles.