Web 2.0

Hoxe a wikipedia foi galardonada co Premio Princesa de Asturias de Cooperación Internacional como se recolle nesta noticia do ABC (http://www.abc.es/sociedad/20150617/abci-wikipedia-princesa-asturias-201506171141.html. Esta noticia trouxo a miña memoria o día que traballamos na aula coa wikipedia e así indagar en todo o relacionado con ela.

Antes de falar das wikis temos que falar da web 2.0, como se define na páxina do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte (http://www.ite.educacion.es/formacion/materiales/155/cd/modulo_1_Iniciacionblog/qu_es_la_web_20.html) onde se recolle a definición dada por Ribes, pódese entender por web 2.0 todas aquelas utilidades e servizos de Internet que se sustentan nunha base de datos, a cal pode ser modificada polos ususarios do servizo, xa sexa no seu contido (engadindo,l cambiando ou borrando información ou asociando datos á información existente), pois ben na forma de presentalos, ou no contido e forma simultánemamente.

O termo da web 2.0 xorde para referirse a novos sitios web para diferenciarse dos sitios web máis tradicionais englobados baixo o nome de web 1.0, xa que a diferenza destes na web 2.0 os usuarios poden colaborar na construcción do coñecemento.

Segundo a wikipedia (https://es.wikipedia.org/wiki/Web_2.0#Relaciones_con_otros_conceptos) caracterízase, como dixen anteriormente, pola participación do usuario como contribuídor activo e non só como espectador dos contidos da web. Isto reflíctese en aspectos como:

- O auxe dos blogs.

- O auxe das redes sociais.

- As webs creadas polos usuarios, ussando plataformas de auto-edición.

- O contido agregado polos usuarios como valor clave da web.

- O etiquetado colectivo (folcsonomía, marcadores sociais...).

- A importancia do long tail.

- O beta perpetuo: a web 2.0 invéntase permanentemente.

- Aplicacións web dinámicas.

Algúns dos exemplos destas iniciativas da web 2.0 segundo o ministerio (http://www.ite.educacion.es/formacion/materiales/155/cd/modulo_1_Iniciacionblog/algunos_ejemplos_de_iniciativas_web_20.html) son:

- Os blogs. É o nodo máis abundante na web 2.0. É un sitio web no que un ou varios autores publican cronoloxicamente textos ou artigos, onde o autor conserva sempre a liberdade de deixar publicado o que crea pertinente. Tamén adoita ser habitual que os lectores participen a través dos comentarios.

- As wikis, que é o nome que recibe un sitio web onde as páxinas poden ser editadas directamente dende o navegador, onde os usuarios crean, modifican ou eliminan contidos que, xeralmente, comparten. O espazo wiki por excelencia é a Wikipedia.

- Os xestores CMS, (Content Management System = Sistema de Xestión de Contidos) son programas informáticos que permiten crear unha estrututra de soporte para a creación e administración de contidos, principalmente en páxinas web, por parte dos administradores, editores, participantes e demais usuarios.

- Plataformas de e-learning ou tamén chamadas sistemas LMS (Learning Management System = Sistemas de Xestión do Aprendizaxe), soon utilizados para crear entornos de e-learning. 

- Imaxes, espazos como Flickr ou Picasa que permiten o aloxamento en liña de imaxes e logo a súa posterior utilización noutros servizos ou recursos.

- Podcasts, permiten o almacenamento e difusión de audios.

- Google maps, a localización xeográfica de imaxes, textos, enlaces, vídeos ou documentos facilita o desenvolvemento de contidos en múltiples contextos.

- Marcadores sociais, onde destaca Delicious onde se pode dispoñer en liña dos marcadores ou favoritos a sitios web e compartir esas dirección cos demais.

Todo isto non serve só para facilitarnos a vida diariamnete, xa que podemos acceder a información instantánea de maneira gratuíta e case ao instante se non que ten a súa relevancia para educación como se recoller no seguinte vídeo.

Penso que todo isto é moi necesario, xa que contribúe a que o coñecemento sexa aberto, a que as persoas poidamos acceder a moita información, coma no caso da wikipedia, ás veces dada por expertos, axuda a que nós memso poidamos construír o noso propio coñecemento.

Como futuros pedagogos e pedagogas penso que é necesario que teñamos un alto coñecemento do que son as novas tecnoloxías e neste caso da web 2.0, para así poder adaptala ao mundo educativo, porque a educación ten que ir da man dos novos avances e da evolución da sociedade.

Comentarios

  • Noelia Fernandez Alvarez

    Imaxe recuperada de:https://blancaespigaresrooney.wordpress.com/2011/10/21/arquitectos-2-0/

    Penso que esta imaxe reflicte moi ben a diferenza entre a Web 1.0 e a Web 2.0, mostrando así os beneficios que nos proporciona a actual. En xeral, penso que a web 2.0 abreu grandes portas para todas as persoas que viaxan pola rede, tanto para recuperar información como para transmitir os seus coñecementos.

    Moi boa entrada Judith! Gracias.

  • Judith Viqueira Díaz

    Moitas grazas pola imaxe Noelia, representa moi ben todo o que quería expoñer na miña entrada :)

  • Xeila

    Despois de ler a túa entrada Judith, e de ver o comentario cunha imaxe representativa... non sei se se me escapará algún dato, pero creo que está todo posto. Falas dos blogs, das plataformas...

    O cambio producido ao meu parecer favorece moito sobre todo ao ámbito educativo, que para poder elaborar materiaris e traballar con alumnos é unha moi boa forma.

    En canto á imaxe, creo que representa moi ben a evolución da Web 1.0 á web 2.0.