Alfabetización Mediática

 

En primeiro lugar é preciso abordar o concepto de Alfabetización Múltiple para logo facer fincapé no aspecto principal a analizar:  A ALFABETIZACIÓN MEDIÁTICA.

A UE define a alfabetización múltiple como: “concepto que engloba las competencias de lectura y de escritura para la comprensión, utilización y evaluación crítica de diferentes formas de información, incluidos los textos e imágenes, escritos, impresos o en versión electrónica” (https://sede.educacion.gob.es/dms/catalogo-tramites/profesores/formacion/no-universitarios/cursos-de-verano/cursos-de-verano-2013/2013-alfabetizaciones-multiples-07.pdf).

Neste mesmo enlace, o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, o Instituto Nacional de Tecnoloxías Educativas e de Formación do Profesorado e tamén a Universidade Internacional Menéndez Pelayo indican a importancia dunha alfabetización que xire en torno ás novas tecnoloxías na actualidade na que vivimos. Por iso indican unha serie de premisas que resultan necesarias na actualidade de cara a alfabetización mediática:

  • Usar adecuadamente as novas tecnoloxías mediáticas para acceder, conservar, recuperar e compartir contidos que satisfagan as necesidades e intereses individuais e colectivos.    
  • Posuír competencias de acceso e información á gran diversidade de alternativas respecto aos tipos de medios que existen, así como aos contidos provenientes de distintas fontes culturais e institucionais.
  • Comprender como e por que se producen os contidos mediáticos.
  • Analizar de forma crítica as técnicas, linguaxes e códigos empregados polos medios e os mensaxes que transmiten.
  • Usar os medios creativamente para  expresar e comunicar ideas, información e opinións.
  • Identificar e evitar ou intercambiar, contidos mediáticos e servizos que poidan ser ofensivos, nocivos e solicitados.
  • Facer un uso efectivo dos medios no exercicio dos seus dereitos democráticos e as súas responsabilidades civís.

Dende o meu punto de vista considero precisos todos os aspectos, pero marco en negriña un par deles que penso que se ven relacionados co coñecemento aberto e con un dos temas que xurdiu na miña entrada anterior. Falabamos do coñecemento aberto e a súa gran importancia, pero que á súa vez producía grandes desigualdades entre aquelas persoas que podían acceder a el e outras que non o podían facer. Neste senso, a UNESCO (http://www.unesco.org/new/es/communication-and-information/media-development/media-literacy/mil-as-composite-concept/) indica o seguinte: “el empoderamiento de las personas a través de la alfabetización mediática e informacional es uno de los requisitos más importantes para fomentar el acceso equitativo a la información y al conocimiento y para promover medios de comunicación y sistemas de información libres, independientes y pluralistas”. Polo tanto, tamén debemos tomar en consideración a Alfabetización Mediática de cara a combater desigualdades no acceso á información e en xeral a todas aqueles medios que o transmiten, neste caso facendo especial fincapé nas novas tecnoloxías. É dicir non só debemos ter en conta as premisas indicadas anteriormente, senón que debemos considerar de gran importancia que a Alfabetización Mediática grazas ao seu papel pode dar lugar a un acceso equitativo á información e ao coñecemento.

Na mesma liña, a propia UNESCO (http://www.unesco.org/new/fileadmin/MULTIMEDIA/HQ/CI/CI/pdf/media_and_information_literacy_curriculum_for_teachers_es.pdf) fala de dita alfabetización mediática e informacional nunha sociedade da información inclusiva e basada no coñecemento:

  1. A alfabetización mediática e informacional é moi importante para a plena realización e a participación dos cidadáns.
  2. Os medios de comunicación e información son medulares no proceso democrático e de desenvolvemento. Os medios de comunicación e os demais dispositivos de información contribúen á formación das percepcións, crenzas e comportamentos.
  3. Cada vez hai máis contidos elaborados polos propios usuarios e do mesmo modo, aumentan a utilización dos espazos virtuais, as reportaxes realizadas polos cidadáns, o que require coñecementos sólidos sobre os medios e os dispositivos de información.

 

Ben pois, chegados a este punto vou facer referencia a definición de alfabetización mediática, que da lugar en problemas terminolóxicos. En primeiro lugar cabe facer referencia a Grizzle (2011) (http://www.revistacomunicar.com/pdf/preprint/38/03-PRE-13396.pdf)  distingue entre “alfabetización mediática” e “alfabetización informacional”. Indica que esta última é máis ampla e inclúe á mediática, e doutra banda que a alfabetización informacional non é máis que unha parte da alfabetización mediática. Pero, a UNESCO, como ben puidestes apreciar anteriormente, integra ambos enfoques e considera a alfabetización mediática e informacional como un compendio de destrezas, competencias e actitudes que nenos, mozos e cidadáns en xeral han de desenvolver. En definitiva, e tentando resolver esta aclaración terminolóxica, a Revista Comunicar indícanos que a alfabetización se concibe como unha competencia, resultado dun proceso da educación: “La educación mediática, por lo tanto, es el proceso de enseñanza – aprendizaje sobre los medios; la alfabetización mediática es el resultado: el conocimiento y las destrezas que los alumnos adquieren” (Buckingham, 2003).

 

Quero indicar neste intre o que a Comisión Europea caracteriza como persoa alfabetizada mediaticamente (http://formacion.educalab.es/eva2013/pluginfile.php/2363/mod_resource/content/1/Mediascopio.pdf):

- Séntese cómodo con todos os medios de comunicación exitentes, dende os periódicos ás comunicacións virtuais.

- Utiliza activamente os medios como a televisión interactiva, os motores de búsqueda de internet ou a participación en comunidades virtuais, e aproveita adecuadamente o potencial dos medios en canto a entretemento,acceso á cultural, diálogo intercultural e aplicacións para a aprendizaxe e a vida cotiá (bibliotecas, podcast, etc.).

- Achégase aos medios de comunicación con sentido crítico, tanto en canto á calidade como á precisión dos contidos.

- Utiliza os medios con cretividade no momento no que a evolución da tecnoloxía dos medios e a crecente presenza de Internet como canal de distribución permite cada vez máis crear e difundir imaxes, información e contidos.

- Comprende a economía dos medios e as difernezas entre "pluralismo" e "acaparación de medios".

- É consciente dos asuntos relacionados coa propiedade intelectual esenciais para unha cultura da legalidade, especialmente entre as xeracións máis xóvenes na súa dobre capacidade de consumidores e produtores de contidos.

 

E vos, considerádesvos alfabetizados mediaticamente? A min... aínda me queda moito camiño que percorrer, isto é só un comezo.

Para finalizar, quero dar resposta a que motivo me levou a escoller este tema. Tras indagar pola rede e facer diversas búsquedas observei que a Alfabetización Mediática, como soemos dicir, “podía dar moito de sí”. Pero por que me decantei pola búsqueda deste termo? Cando nos presentaron os temas a escoller de cara a realización dun vídeo, o meu grupo decantouse pola competencia mediática en nenos (adxunto o mesmo ao final da entrada). Tras esta pequena familiarización coa mesma, decidín abordala de xeito distinto; é aquí está o meu resultado. Por outra banda, tamén quero destacar que é un tema para min de especial interese xa que, na miña experiencia como alumna ao longo da miña vida, escasas veces ou ningunha foron abordados temas que tivesen como fin último a competencia mediática. Penso que o noso papel é relevante de cara a isto, xa que nos atopamos nun momento no cal se considera de moita importancia a alfabetización mediática, debemos aproveitalo e levar a cabo a nosa labor neste ámbito, tendo en conta tamén a variedade de recursos que podemos utilizar.

Para rematar, neste senso tamén quero sinalar o que indica a Revista Comunicar (http://www.revistacomunicar.com/pdf/preprint/38/03-PRE-13396.pdf): “ aunque el niño entra en contacto con los medios antes de ir a la escuela y adquiere una alfabetización informal básica, el principal ámbito de la alfabetización digital debe de ser la educación formal, pero no una educación formal endogámica centrada en capacitar al individuo para aprobar unas asignaturas y pasar al curso siguiente, sino una educación desde la escuela para la vida, una educación básica que tenga además en cuenta tanto las destrezas ya adquiridas y la alfabetización informal de los alumnos, como el potencial educativo de las TIC en la vida de los niños fuera de la escuela”.

 

Webgrafía:

http://www.unesco.org/new/es/communication-and-information/media-development/media-literacy/mil-as-composite-concept/

Rodríguez López, J. (2008). Curso: "Alfabetizaciones múltiples: una nueva ecología del aprendizaje". Ministerio de Educación, Cultura y Deporte; Instituto Nacional de Tecnologías Educativas y de Formación del Profesorado; Universidad Internacional Menéndez Pelayo. Arquivo PDF, recuperado o 18/06/15 en: https://sede.educacion.gob.es/dms/catalogo-tramites/profesores/formacion/no-universitarios/cursos-de-verano/cursos-de-verano-2013/2013-alfabetizaciones-multiples-07.pdf

Programa de Formación el Alfabetización Mediática e Informacional destinado a los docentes. UNESCO. Arquivo PDF recuperado o 17/06/15 en: http://www.unesco.org/new/fileadmin/MULTIMEDIA/HQ/CI/CI/pdf/media_and_information_literacy_curriculum_for_teachers_es.pdf

Gutiérrez, A. y Tyner Segovia, K. (2012). Educación para los medios, alfabetización mediática y competencia digital. Revista Comunicar. Arquivo PDF recuperado o 17/06/15 en: http://www.revistacomunicar.com/pdf/preprint/38/03-PRE-13396.pdf

González Briones, E. y Bernabeu Morón, N. (2011). Alfabetización mediática e competencias básicas. Ministerio de Educación. Arquivo PDF recuperado o 17/06/15 en: http://formacion.educalab.es/eva2013/pluginfile.php/2363/mod_resource/content/1/Mediascopio.pdf

Comentarios

  • Nuria Parada

    Coincido contigo Noelia, en que nos queda un longo camiño por percorrer. Non sei o resto de compañeiros e compañeiras, pero a min aconteceume o mesmo ca ti. Durante a miña estancia primeiro no colexio e logo no instituto foron moi poucas as experiencias que vivín que tiveran como fin último o tratamento da competencia mediática, así é que chegamos a universidade con moi deficiente formación neste ámbito. Tamén estou dacordo contigo en que como futuros pedagogos e pedagogas podemos e debemos de mudar esta situación. Por último dicirche que xa vira o voso vídeo pero que me gustou moito porque conseguistes transmitir á perfección o tema que vos tocou abordar.